Eladio Capón López, nado en Bande (Láncara) o 6 de decembro de 1938, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Láncara encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas municipais de 1987 e municipais de 1991. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións ata 2007, sempre con maioría absoluta. O 22 de outubro de 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE e co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa) para derrocar da alcadía ao socialista Darío Piñeiro López; como resultado foi novamente elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta. En 2015 perdeu as eleccións.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Láncara

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Láncara Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Láncara Categoría:Nados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes