Bernard Lawrence "Bernie" Madoff (AFI: /ˈmeɪdɒf/), nado en Nova York o 29 de abril de 1938 e finado no Correccional Federal de Mediana Seguridade Butner, Carolina do Norte, o 14 de abril de 2021, foi o presidente dunha sociedade de investimento que leva o seu nome e que el mesmo fundou en 1960, moi importante e influente en Wall Street. En decembro de 2008, foi detido polo FBI e acusado dunha fraude que superou os 50.000 millóns de dólares, o que a converte na maior fraude levada a cabo por unha soa persoa. O 29 de xuño de 2009 foi sentenciado a 150 anos de prisión.
Traxectoria Foi membro activo da National Association of Securities Dealers (NASD), organización autorregulada na industria de activos financeiros norteamericanos. A súa empresa estivo entre as cinco que impulsaron o desenvolvemento do NASDAQ, e el mesmo traballou como coordinador xefe do mercado de valores.
O grupo incluía dúas áreas separadas: Bernard Madoxx Investment Securities LLC, coas funcións de corretor de bolsa (broker) e creador de mercado en accións norteamericanas (market maker), onde traballaba a maioría do persoal; e a área de Investment Advisory, foco de toda a fraude.
Nesta última Bernard Madoff realizaba as inversións para hedge funds como Fairfield Sentry, Kingate ou Optimal (grupo banco Santander2008, el “annus horribilis” cierra con un fraude en un gran Hedge Fund), área de investimentos que non se rexistrou na SEC até o ano 2006.
A pesar do éxito histórico nos resultados dos fondos manexados pola súa empresa, desde 1992 a xestión no seu fondo recibiu algunhas críticas illadas, descubríndose posteriormente como os auditores de Madoff eran en verdade un pequeno despacho sen practicamente persoalLas claves sobre Madoff y la larga lista de afectados.
En 1999 Harry Markopolos“Garganta profunda” nos explica las claves del caso Madoff, un xestor de investimentos experto no mercado de derivados, presentoulle unha carta á SEC norteamericana en Boston denunciando e describindo exactamente o que ao final pasou 9 anos máis tarde.
Tras ser declarado culpable, a Madoff impúxoselle unha condena de 150 anos de cárcere por realizar unha das maiores estafas da historia, dun total que se calcula en algo así como 50.000 millóns de dólares.
A estafa consistiu en tomar capitais a cambio de grandes ganancias que ao principio foron efectivas, pero que cos anos se viu que consistían nun sistema piramidal ou sistema Ponzi.Lasemana.es (J. F. Lamata), 21.12.2008. Consultado o 20.11.2011.
Vítimas de Madoff Madoff, con fama de filántropo, non só enganou entidades bancarias e grupos investidores; tamén foron vítimas da súa estafa algunhas fundacións e organizacións caritativas, principalmente da comunidade xudía dos EUA, da que Madoff era un persoeiro importante.RTVE 15.08.2008. Consultado o 20.11.2011.
O 23 de decembro de 2008 a policía encontrou morto na súa oficina de Nova York, con indicios de suicidio, a Thierry Magon De la Villehuchet, de 65 anos e cofundador de Acces International, un dos principais comercializadores de fondos que xestionaba Madoff e que perdera completamente todo.Hallan muerto en su oficina de Nueva York a un financiero francés víctima de Madoff
Os afectados agrupáronse en tres categorías: 1°) bancos e aseguradoras; 2°) banca privada e fondos; ye 3°) fundacións e persoas físicas. A estas pode agregárselle unha cuarta categoría, composta polos afectados sobre os cales non se puido determinar a cuantía do perdido.
En España resultaron afectadas, entre outras, as familias Abelló, Almodóvar, Koplowitz, Lladró, Suñer e Serratosa-Caturla.
O 11 de decembro de 2010, no segundo aniversario do arresto de Bernard, atopouse morto o seu fillo máis vello, Mark Madoff. Madoff son found dead of apparent suicide Este, xunto ao seu irmán Andrew, denunciaran as estafas do seu pai logo de que el mesmo lles contase como gañaba tanto diñeiro. Aínda que se demostrou que os fillos non tiñan coñecemento dos negocios do seu pai, Mark e seu irmán foron vítimas de numerosas acusacións e demandas, e o mesmo día da súa morte, vencía o prazo do avogado encargado de liquidar os fondos do financeiro para reunir os cartos para indemnizar as vítimas. Por iso, nos últimos días o liquidador demandou centos de persoas e entidades que cría que colaboraran ou consentiran a estafa.
De acordo con The Wall Street Journal os investidores con maiores perdas incluían: Fairfield Greenwich Advisors Tremont Capital Management Banco Santander Bank Medici Ascot Partners Access International Advisors Fortis Union Bancaire Privée HSBC
As potenciais perdas destes nove investidores totalizan 22,32 mil millóns de dólares. Outros investidores, con perdas potenciais entre os 100 e os 1000 millóns de dólares inclúen as seguintes entidades: Natixis SA, Carl J. Shapiro, Royal Bank of Scotland Group PLC, BNP Paribas, BBVA, Man Group PLC, Reichmuth & Co., Nomura Holdings, Aozora Bank, Maxam Capital Management, EIM SA e AXA SA.
Numerosas entidades estranxeiras víronse afectadas. Suponse que habería só de fondos portugueses cerca de 76 millóns de euros aplicados no esquema fraudulento de Madoff.
Sentenza O 29 de xuño de 2009 foi condenado a 150 anos de prisión, a sentenza máxima permitida, por levar a cabo e manter, durante máis de dúas décadas, un fraudulento esquema de investimentos calculado en máis de 68.000 millóns de dólares.
Madoff, na Institución Correccional Federal de Mediana Seguridade Butner, estivo rexistrado co número 61727-054 da Axencia Federal de Prisións."Bernard Madoff ." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 20 de novembro de 2011."Madoff, libre de cáncer." CNN. 24 de agosto de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2011.
Nunha entrevista concedida en xuño de 2010, declarou:Declaracións ao New York Magacine o 06/06/2010Noticia en "20 minutos" o 08/06/2010
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "El fraude de Madoff alcanza a José Lladró y a las familias Suñer y Serratosa Caturla". Levante EMV (18/12/2008) "Este tipo estafó al universo" 20/12/2008 El País "La estafa de un 'broker' de Wall Street provoca 3.000 millones de pérdidas en España" 14/12/2008 El Mundo ¿Quién era Bernard Madoff?" 13/12/2008 finanzzas.com "Se extiende por el mundo el fraude de Madoff" 16/12/2008 jornada.com.mx "El fraude de Madoff castiga a España, que se lleva el 10% de la exposición total" 16/12/2008 cincodias.com
Categoría:Criminais Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Escándalos financeiros Categoría:Nados en Nova York