Fernando Pereira Caamaño, nado en Vigo o 18 de maio de 1931 e finado o 21 de abril de 2000, foi un político galego.
Traxectoria Perito industrial. Emigrou a Uruguai en 1956 e alí desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1977 retornou a Galicia, instalouse en Soutomaior e fundou a libraría Castelao en Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a Candidatura Veciñal Independente á alcaldía de Soutomaior e foi elixido alcalde. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1983 e 1987, mentres que en 1991 o logrou con maioría simple. En 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, retirándose progresivamente da política. Logo da súa etapa na alcaldía refundou a asociación Amigos do País.
Recoñecementos
En 2025 púxoselle o seu nome a unha rúa en Soutomaior.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Soutomaior
Categoría:Alcaldes de Soutomaior Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes