José Manuel Vázquez Vázquez, "Manel", nado na Illa de Arousa en 1972, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria É licenciado en Ciencias Económicas. Nas eleccións municipais de 1999 presentouse á alcaldía da Illa de Arousa encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde co apoio do BNG, sendo o primeiro alcalde electo trala segregación da Illa de Vilanova. Continuou como alcalde nas municipais de 2003 en minoría. Nas municipais de 2007 acadou a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións xerais de novembro do 2011 foi candidato número 3 do PSdeG-PSOE ó Congreso por Pontevedra, pero non logrou ser elixido. En setembro de 2013 disputou fronte a Xosé Ramón Gómez Besteiro as primarias ao cargo de Secretario Xeral do PSdeG, pero non logrou o posto. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2015, sendo substituído por Carlos Iglesias Cores á fronte dos socialistas, que logrou revalidar a alcaldía para o PSdeG con maioría absoluta.
Tras abandonar a alcaldía ocupou cargos de confianza na Deputación de Pontevedra, e formou parte da Exectutiva Provincial do PSdeG en Pontevedra como Secretario de Acción Electoral a partir de 2018, sendo confirmado trala renovación dos órganos de dirección provincial en 2022.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Illa de Arousa
Ligazóns externas Manel Vázquez, vicesecretario de Acción Electoral del PSdeG-PSOE en Pontevedra David Regades aspira a convertir el PSOE de Pontevedra en el «graneiro electoral» del cambio en Galicia
Categoría:Alcaldes da Illa de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na Illa de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes