A Selección de rugby de España é o equipo que representa á Federación Española de Rugby nos encontros oficiais organizados pola federación internacional World Rugby e pola federación europea Rugby Europe. O equipo recibe o alcume de XV do León, en referencia ó escudo da federación. Santiago Santos é o seleccionador español dende xullo do ano 2013.Santiago Santos ya es el nuevo seleccionador del 'XV del León', artigo de Marca

A selección participa anualmente no Campionato de Rugby Europe que ten lugar nos meses de febreiro e marzo, e tamén nos tests internacionais de xullo e novembro. O Campionato de Rugby Europe é a máxima competición continental a nivel de seleccións á marxe do Torneo das Seis Nacións (Inglaterra, Escocia, Gales, Irlanda, Francia e Italia) que se disputa paralelamente nas mesmas datas. O Campionato de Rugby Europe serve ademais de clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby que ten lugar cada catro anos. A selección de rugby de España acadou a súa única clasificación para a Copa do Mundo do ano 1999, sendo eliminada na fase de grupos.

A selección de rugby de España forma parte do Tier 2 ou segundo nivel do rugby internacional. En 2022 o equipo ocupa o posto 15º na clasificación mundial de seleccións de rugby.Ranking de seleccións da World Rugby

O XV do León xoga a maioría dos seus encontros como local no Central, un estadio con capacidade para unhas oito mil persoas, pertencente á Universidade Complutense de Madrid.Imaxe do estadio Central na web da Universidade Complutense de Madrid

Historia

Inicios A selección española xogou o seu primeiro encontro internacional o 26 de maio de 1927 en Madrid fronte a unha selección francesa, caendo por 6-66 no Estadio Metropolitano.Crónica do España-Francia do 26 de maio de 1927 na hemeroteca do xornal ABC Aquel foi un encontro de exhibición no que a selección española era en realidade unha selección castelá, salientando a ausencia dos mellores xogadores cataláns, cando daquela Cataluña era a rexión de España na que o rugby estaba máis desenvolvido. O encontro non foi organizado pola entón chamada Federación Nacional Española de Fútbol Rugby, senón por membros da castelá. Os xogadores pertencían ó Athletic de Madrid, Real Madrid FC, RS Gimnástica Española e Cataluña RC. Xogaron aquel encontro: Wolf; López Bosch, San Basilio, Cavillón, Pedraja; E.Simón, Muñoz; Farando, Ferreras, Vázquez; Larrañaga, Palomino; Ganzedo, R.Simón, Candela.

O 8 de abril de 1928 disputouse un segundo encontro entre unha selección francesa e a española, nesta ocasión no Parc Lescure de Bordeos, que rematou coa vitoria local por 53-5.Crónica do Francia-España do 8 de abril de 1928 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo España formou con: Garrigosa; Vázquez, Bisbal, Rues, Aiximeno; Blasco, Isart; Baides, Ferreras, Blanquet; Carreras, Aguilar; Artigas, Larrañaga, Ruíz. Ese mesmo día a selección francesa absoluta xogou en París fronte a Gales un encontro correspondente ó Torneo das Cinco Nacións, de xeito que o equipo que se enfrontou á selección española era un "equipo B", como en 1927.

É por iso polo que o primeiro encontro da selección española considerado oficial foi o xogado en Barcelona o 20 de maio de 1929, co gallo da estrea do Estadio de Montjuic, fronte á selección italiana absoluta, na que España gañou por 9-0Crónica do España-Italia do 20 de maio de 1929 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo cun equipo formado totalmente por xogadores do FC Barcelona e a UE Santboiana. Xogaron aquel encontro: Vilaspasa; Bisbal, Garrigosa, Rues, Deu; Blasco, Isart; Sarda, Massoni, Baides; Carreras, Aguilar; Nubials, Ruiz, Fontanella.

Se o encontro fronte a Italia rematou coa primeira vitoria oficial da historia da selección española de rugby, a primeira derrota oficial foi a encaixada fronte a Alemaña uns días despois, o 9 de xuño de 1929, nun encontro disputado tamén en Barcelona, pero nesta ocasión no Estadio de Les Corts, e que rematou cun 15-24 a prol dos visitantes.Crónica do España-Alemaña do 9 de xuño de 1929 na hemeroteca do xornal El Mundo Deportivo. Naquel encontro xogaron: Vilaspasa; Sabrás, Bori, Garrigosa, Bisbal; Blasco, Ros; Baides, Deu, Massoni; Aguilar, Carreras; Fusté, Ruiz, Fontanella. Palmarés España na Copa do Mundo de Rugby: EdiciónPartidosGañadosEmpatesPerdidosTantos anotadosTantos encaixados 1987Non convidada 1991Non clasificada 1995 1999300318122 2003Non clasificada 2007 2011 2015 2019 2023Total300318124

España no Campionato de Rugby Europe: Edición División Partidos Gañados Empates Perdidos Tantos anotados Tantos encaixados Puntos Posición2000 1ª 520310910594º2001-02 1ª 10307246247164º2003-04 1ª 10019129335116º2004-06 2ª 8 7 1 0 364 87 23 1º2007-08 1ª 10406233240184º2008-10 1ª 10208145304145º2010-12 1ª 10505225275263º2012-14 1ª 102 2 6 159 243 15 4º2014-16 1ª 10 4 1 5 232 207 23 4º2017 1ª 5 3 0 2 91 54 13 3º2018 1ª 5 3 0 2 146 74 -7 5º2019 1ª 5 4 0 1 127 75 18 2º2020 1ª 5 3 0 2 103 93 13 2º2021 1ª 5 2 0 3 164 109 7 5º2022 1ª 5 4 0 1 170 135 12 3º

Xogadores miniatura|Encontro entre España e os Classic All Blacks de Nova Zelandia no Estadio Metropolitano de Madrid en 2022. miniatura|Encontro entre España e Portugal no Estadio de San Lázaro en 2013. ESPAÑA RUGBY - XV do León Xogadores Corpo técnico Jon Zabala (c) - 1ªL Thierry Futeu - 1ªL Bittor Aboitiz - 1ªL Joel Merkler - 1ªL Joaquín Domínguez - 1ªL Vicente del Hoyo - Tal Santiago Ovejero - Tal Manuel Mora - 2ªL Mario Pichardie - 2ªL Alejandro Suárez - 2ªL Víctor Sánchez - 2ªL Lucas Guillaume - 2ªL Joshua Peters - 2ªL Fred Quercy - 3ªL Matthew Foulds - 3ªL Facundo Domínguez - 3ªL Ekain Imaz - 3ªL Afa Tauli - 3ªL Michael Hogg - 3ªL Asier Usárraga - 3ªL Gautier Gibouin - 3ªL Tomás Munilla - Med Facundo Munilla - Med Kerman Aurrekoetxea - Med Estanislao Bay - Med Manuel Ordás - Ape Gonzalo Vinuesa - Ape Bautista Güemes - Cen Álvar Gimeno - Cen Iñaki Mateu - Cen Alejandro Alonso - Cen Martiniano Cian - Á Jordi Jorba - Á Martín Alonso - Á John-Wessel Bell - Zag Federico Casteglioni - Zag Seleccionador Pablo Bouza

Xogadores con máis encontros A seguinte lista é unha relación de xogadores da selección de rugby de España que teñen participado en 50 ou máis partidos internacionais segundo o anuario actualizado que publica a Federación Española de Rugby.Palmarés de xogadores da Federación Española de Rugby miniatura|dereita|220px|César Sempere, máximo anotador de ensaios do XV do León. Xogador Posicións Data nacemento Caps Francisco José Puertas Soto 15, 10, 14 18/11/1963 93 Jaime Nava de Olano 8, 12, 14, 10 01/05/1983 79 Jon Azkargorta Aretxabala 12, 13, 14, 11, 15 03/05/1963 76 José Julio Álvarez Ruiz de Temiño 1 03/11/1960 75 Alberto Malo Navío 6, 8, 4, 5, 7 03/04/1964 74 Álvar Enciso Fernández Valderrama 12, 13, 11, 10 27/02/1974 70 Pablo Feijoo Ugalde 9 18/05/1982 66 Salvador Torres Ortega 12, 13, 11, 14 22/08/1956 60 Jaime Gutiérrez Merelles 7, 8, 6 28/12/1967 60 Fernando Martín López Pérez 1 14/03/1986 60 Manuel Moriche Mostajo 10, 12 06/08/1950 59 Javier Díaz Paternaín 9 17/01/1960 59 Ferrán Velazco Querol 15, 13, 11, 10 23/06/1976 59 Javier Salazar Lizarraga 1, 3 27/07/1977 59 César Sempere Padilla 15, 13, 10 26/05/1984 56 Álvar Gimeno Soria (en activo) 12, 13, 10 15/12/1997 55 Jesús Moreno Rodríguez 3 24/01/1986 53 Fernando de la Calle Pozo 2, 9 08/06/1970 52 Iván Criado Garachana 8, 6, 7, 4 28/12/1979 52 Sergio Souto Vidal 5, 4, 6, 8 04/11/1976 51 Alfonso Mata Suárez 8, 7 14/03/1973 50 Carlos Souto Vidal 6, 7, 8, 5 04/11/1976 50 Javier Canosa Schack 13, 12 28/02/1983 50

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Federación española de rugby

España Categoría:Rugby en España Categoría:Seleccións deportivas de España