I Don't Know How She Does It é unha comedia romántica estreada o 16 de setembro de 2011 en Estados Unidos. Protagonizada por Sarah Jessica Parker, Pierce Brosnan e Greg Kinnear, dirixida por Douglas McGrath, está baseada na novela de título homónimo de Allison Pearson.
Sinopse Kate Reddy (Sarah Jessica Parker) é unha muller que traballa nunha importante compañía financeira en Boston e que ao caer a noite regresa á súa casa xunta dos seus dous fillos pequenos e o seu marido Richard (Greg Kinnear), un arquitecto que acaba de perder o seu emprego. A mellor amiga e compañeira de traballo de Kate, Allison Henderson (Christina Hendricks), vive exactamente a mesma complicada situación de tratar de conciliar a vida laboral e familiar.
O problema vén cando Kate recibe un encargo no traballo que a levará a realizar numerosas viaxes á cidade de Nova York cando o seu home Richard consegue o emprego que sempre desexou, e a situación laboral de ambos fará que o matrimonio se distancie. A situación verase agravada cando o novo compañeiro de Kate, o atractivo Jack Abelhammer (Pierce Brosnan), se converta nunha inesperada tentación que a fará dubidar da súa vida conxugal.
Elenco miniatura|90px|Sarah Jessica Parker como Kate Reddy. miniatura|90px|Pierce Brosnan como Jack Abelhammer. Sarah Jessica Parker como Kate Reddy. Pierce Brosnan como Jack Abelhammer. Greg Kinnear como Richard Reddy. Christina Hendricks como Allison Henderson. Seth Meyers como Chris Bunce. Jane Curtin como Marla Reddy.
Produción Rodouse entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011, integramente na cidade de Nova York, Estados Unidos.
Notas
Véxase Ligazóns externas
Tráiler
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en Nova York