Xosé Manuel Pérez Bouza, nado en Caracas o 15 de abril de 1970, é un enfermeiro e político galego nacionalista.

Traxectoria Foi concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no concello de Porqueira, venceu nas eleccións municipais de 2003, mais un polémico pacto entre os concelleiros do Partido Popular de Galicia e a única concelleira do Partido dos Socialistas de Galicia, Susana Vázquez Dorado, déronlle a alcaldía a esta última. Candidato nas seguintes municipais, volveu ser derrotado por Susana Vázquez, desta vez xa no PPdeG.

Dende marzo de 2008 foi senador por designación autonómica nas Cortes españolas. En 2011 presentouse ás eleccións xerais como cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense e non saíu elixido, deixando de militar nesa organización por discrepancias políticas o 10 de febreiro de 2012."Pérez Bouza pide a baixa do BNG por discrepancias políticas" , artigo en Galicia Hoxe, 10 de febreiro de 2012. Posteriormente pasou a militar en Compromiso por Galicia, sendo o candidato pola provincia de Ourense nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Senadores de España polo BNG Categoría:Políticos de En Marea Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes