miniatura|Manifestación antitaurina cun cartel do PACMA. O Partido Animalista co Medio Ambiente (PACMA, en castelán: Partido Animalista con el Medio Ambiente) e coñecido ata o 15 de novembro de 2022 como Partido Animalista Contra o Maltrato Animal é un partido político español que loita polos dereitos dos animais, o medio ambiente e a xustiza social. Así mesmo, rexeita o especismo e defende a promoción do vexetarianismo e veganismo. Fundouse en Bilbao o 24 de febreiro de 2003 e a súa sede central atópase en Madrid.
Historia Xurdiu orixinalmente co nome de Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal a partir da unión de diversos colectivos antitaurinos e de defensa dos animais. O 25 de xuño de 2011, na Asemblea Estatal do partido, cambiouse o nome ao actual.«O PACMA xa é oficialmente Partido Animalista », PACMA.
Programa O programa político do Partido Animalista ten por obxectivo a defensa dos dereitos dos animais e avanzar cara a unha sociedade máis xusta para todos, reconsiderando o trato que se dá aos animais. Para iso deféndense medidas para fomentar as adopcións de animais, o endurecemento das penas do Código penal por malos tratos animais, a legalización do acceso dos animais aos transportes públicos e o fin dos espectáculos con animais (circos, corridas de touros e festexos taurinos, festexos populares, zoolóxicos, acuarios...). Outras das medidas defendidas son a prohibición da caza e a pesca deportiva, o peche das granxas peleteiras e fábricas de foie-gras e o desenvolvemento de alternativas á experimentación con animais. Así mesmo, promove a liberdade de elección e o acceso á alimentación vegana mediante unha opción de menú sen alimentos de orixe animal nos comedores dos centros públicos.
Resultados electorais Eleccións municipais
Os primeiros comicios aos que se presentou o PACMA foron as eleccións municipais de 2003, onde a súa presenza foi practicamente simbólica.
Nas eleccións municipais de 2007, o PACMA presentouse en 12 concellos (Amposta, Barcelona, Camarles, Guadalaxara, León, Madrid, Málaga, Sevilla, Tordesillas, Valladolid, Vitoria e Zaragoza), non conseguindo ningún concelleiro pero obtendo 10.601 votos. Naquelas eleccións, o músico Elliott Murphy realizou un concerto gratuíto en Barcelona como apoio ao PACMA.Elliot Murphy apoia ao Partido Antitaurino e actúa gratis contra o maltrato animal 18.05.2007 20 minutos
Nas eleccións municipais de 2011, o PACMA presentouse en 34 municipios obtendo 26.384 votos (0,12%). Nas eleccións municipais de 2015 duplicou os resultados dos seus anteriores comicios (55.228 votos) a pesar de presentarse tan só en 29 municipios.
Ano Votos % Concelleiros 2007 10 601 0 2011 26 384 0 2015 55 228 0,25 0
Eleccións autonómicas Nas eleccións autonómicas de 2007, o PACMA presentouse só en dúas autonomías (Comunidade de Madrid e Cantabria) obtendo un apoio de 7.089 votos entre ambas. Nas eleccións autonómicas de 2011, o PACMA obtivo 36.926 votos.
Destacan así mesmo os resultados electorais en Cataluña, onde o Partido Animalista pasou de obter 14.238 votos en 2010 a obter 20.861 votos en 2012 e en Andalucía, onde pasou de 8.781 votos en 2012 a 31.735 votos en 2015, triplicando os seus resultados nesta última comunidade.
Nas eleccións autonómicas de 2015, o PACMA concorreu en 13 autonomías e triplicou os seus resultados, obtendo 102.700 votos. En Cataluña as eleccións celebráronse meses despois, en setembro, e a formación obtivo 28.897 votos.
Ano Votos % Deputados Cataluña 2006 13 730 0,47 0 Autonómicas 2007 7089 0 Cataluña 2010 14 238 0,45 0 Autonómicas 2011 36 926 0 Cataluña 2012 20 861 0,57 0 Andalucía 2012 8781 0,23 0 Andalucía 2015 31 735 0,80 0 Autonómicas 2015 102 700 0 Cataluña 2015 29 371 0,73 0
Eleccións xerais Nas eleccións xerais de 2004, o PACMA presentou candidaturas ao Senado en 16 provincias españolas, obtendo un total de 64.947 votos, sendo a segunda forza extraparlamentaria máis votada. Para as eleccións xerais de 2008, o PACMA presentou candidaturas para o 90% das circunscricións, tanto no Congreso como no Senado. O PACMA obtivo 44.795 votos ao Congreso, sendo a cuarta forza extraparlamentaria; no Senado obtivo 132.077 votos.BOE 093 de 17/04/2008
Para as eleccións xerais de 2011, o PACMA presentouse en 47 das 52 circunscricións electorais españolas. A falta do reconto do voto de residentes no estranxeiro, o resultado foi de 374.483 votos para o senado e 102.144 votos (0,41%) para o Congreso,Resultados electorais para o Congreso 2011, PACMA. sendo un dos partidos que máis mellorou os seus resultados respecto de 2008, converténdose na segunda forza extraparlamentaria en España. Nestas eleccións, por primeira vez, o PACMA ampliou o seu programa electoral a cuestións sociais que afectan os humanos: educación e sanidade pública de calidade, etc.
Nas eleccións xerais de 2015, o PACMA presentouse por primeira vez en todas as circunscricións,16 e duplicou os seus resultados ao recibir máis de 220.369 votos (0.87%) para o Congreso, superando a formacións con presenza previa no Congreso como UPyD e Unió, e converténdose na principal forza extraparlamentaria en España.20 MinutosEl Confidencial Entre todos os seus candidatos ao Senado acumularon máis dun millón de votos, pero non obtiveron representación na cámara.
Nas eleccións xerais de 2016 presentouse novamente en todas as circunscriciónsO noso BOE de cada día conseguindo 286.702 votos para o Congreso e 1.213.871 votos ao Senado,Resultados Eleccións Xerais 2016 quedando novamente sen representación parlamentaria, superando en votos a outras formacións que si conseguiron representación como EH Bildu e Coalición Canaria e sendo a primeira forza extraparlamentaria de España.Diagonal Periódico miniatura|Papeleta das Xerais de novembro de 2019 por Pontevedra. Resultados electorais nas eleccións ao Congreso Ano Votos % Deputados 2008 44 795 0,14 0 2011 102 144 0,42 0 2015 220 369 0,87 0 2016 286 702 1,19 0
Resultados electorais nas eleccións ao Senado Ano Votos % Senadores 2004 64 497 0 2008 132 077 0 2011 374 483 0 2015 1 034 617 0 2016 1.213.871 0
Eleccións europeas O PACMA presentouse por primeira vez aos comicios europeos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, nas cales obtivo 41.913 votos (0,27%), sendo a novena forza máis votada e a terceira entre as que non obtiveron representación. Obtivo os seus mellores resultados en Cataluña, co 0,56% dos votos.Acordo de 23 de xuño de 2009.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o Partido Animalista cuadriplicou os seus resultados cun total de 177.499 votos (1,13%) sendo a 12ª forza máis votada e a segunda sen representación parlamentaria.Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento Europeo 2014.
Ano Votos % Deputados 2009 41 913 0,26 0 2014 177 499 1,13 0 2019 295 546 1,32 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do partido
Categoría:Partidos políticos de España