O cráter Barton é un cráter de impacto que está situado na superficie de Venus e que ten uns 52 km de diámetro. Cando os cráteres de Venus comezan a acadar este tamaño, comezan a aparecer con cumios centrais en forma de anel no canto das típicas montañas (únicas) centrais. O chan do cráter e plano e escuro visto a ollos do radar, o cal indica que se puido infiltrar lava no seu interior nalgún momento posterior ó impacto. O cumio en anel do cráter Barton é descontinuo e semella ter sido quebrado ou alterado durante ou pouco despois de proceso de craterización. O cráter recibiu o nome de Clara Barton, fundadora da Cruz Vermella Americana.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cráter de impacto
Categoría:Cráteres de impacto de Venus