Utiel é un concello español da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado nun altiplano, a beiras do río Magre, na comarca de Requena-Utiel, ao oeste da provincia, cerca do límite coa provincia de Cuenca, Castela-A Mancha. Ten 12.421 habitantes segundo o INE en 2010.

É un importante nó de comunicacións; sitúase á beira da autovía A-3, Madrid-Valencia. Posúe estación de ferrocarril desde finais do século XIX, liña Madrid-Cuenca-Valencia e proximidades Utiel-Valencia, N-330 Alacant a Francia por Zaragoza e unha rede de estradas locais e comarcais, dous polígonos industriais e un parque empresarial.

Demografía Evolución demográfica de Utiel 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008 2009 7.072 10.638 11.642 11.777 13.137 11.87512.41113.36512.54211.384 12.021 11.392 11.839 12.294 12.420

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Utiel Utiel no Rexistro de Entidades Locais da Generalitat Valenciana

Categoría:Concellos da provincia de Valencia