Javier Jorge Castiñeira, nado en Foz o 20 de setembro de 1974, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Estudou no Colexio Martínez Otero de Foz, no IES de Foz e na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña. Obtivo o título de Arquitecto Técnico en 2000. Exerceu como técnico da empresa Primera Calidad PV SL de Foz. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Foz e foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Foz
Ligazóns externas Javier Jorge Castiñeira se perfila como alcalde en minoría de Foz en La Voz de Galicia Blog de Javier Jorge Castiñeira
Categoría:Alcaldes de Foz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes