A Cuadrilla de Aiara (en éuscaro: Aiaraldea), oficialmente Cuadrilla de Ayala/Aiara, é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.

A comarca sitúase ao noroeste de Áraba, limitando con Biscaia e coa provincia de Burgos cunha superficie de 328,12 km² e unha poboación de 34.231 habitantes (2010). A maior parte da comarca sitúase na conca alta do río Nervión. A pesar de pertencer a Áraba, a comarca atópase dentro da área de influencia de Bilbao.

Inclúe os municipios de Amurrio, Artziniega, Aiara, Laudio e Okondo. Aglutina un total de 45 localidades, sendo as principais poboacións Laudio e Amurrio, que son respectivamente a segunda e terceira poboacións máis habitadas de Áraba.

Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2010)(hab.) Densidade(hab./km²) Amurrio 96,36 10.050 104,3 Artziniega 227,45 1.818 7,99 Aiara 140,90 2.827 20,06 Laudio / Llodio 37,56 18.420 490,42 Okondo 29,90 1.116 37,32 328,12 34.231 104,32

Véxase tamén Ligazóns externas Cuadrilla de Aiara

Aiara