John Bulmer Hobson, nado en Belfast o 14 de xaneiro de 1883 e finado en Castleconnell (condado de Limerick) o 8 de agosto de 1969, foi un político e escritor irlandés.
Traxectoria Foi membro destacado dos Voluntarios Irlandeses e da Irmandade Republicana Irlandesa antes do Alzamento de Pascua de 1916. Malia ser membro da organización que preparou a rebelión, opúxose a ela dende o primeiro momento e xunto a Eoin MacNeill tentou evitar que se levase a cabo.
Como escrritor publicou as obras A short history of the Irish Volunteers (1918), The letters of Wolf Tone (1920) e The life of Wolf Tone (1921).
Véxase tamén Ligazóns externas Bulmer Hobson and the Nationalist movement in twentieth-century Ireland, recensión do libro homónimo de Marnie Hay na Manchester University Press .
Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Belfast