O músculo serrato anterior é un músculo do membro superior humano pertencente á axila. Orixínase coma varias febras musculares superficiais laterais das costelas I a IX e na fascia fonda intermedia que cobre os espazos intercostais correspondentes. O músculo forma unha lámina chá, que se dirixe en sentido posterior ao redor da parede torácica para inserirse na superficie costal do bordo medial da escápula.
Función O serrátil anterior despraza a escápula cara a adiante sobre a parede torácica e facilita a rotación escapular. Tamén contribúe a manter a escápula pegada á parede torácica.
Innervación Está innervado polo nervio torácico longo, que deriva do plexo braquial, atravesa a axila seguindo a parede medial e descende en vertical cara a abaixo pola superficie externa do serrátil anterior, xusto na profundidade á pel e a fascia superficial.
Notas
Véxase tamén
Músculos pectorais
Bibliografía
Gray, Henry; Lewis, Warren (1918). Anatomy of the Human Body (20ª ed. 2016). Filadelfia e Nova York: Lea & Feibiger. (en inglés)
Anatomía de Gray para estudiantes ISBN 84-8174-832-3 (en castelán)
Categoría:Musculatura do membro superior