Julio Sacristán de Diego, nado en Cogeces del Monte (Valladolid) o 11 de outubro de 1953 e finado en Culleredo o 22 de xullo de 2025, foi un político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Culleredo durante máis de tres décadas.Biografía do alcalde na web do concello

Traxectoria Profesor na antiga Universidade Laboral Cruceiro Baleares, de Culleredo (1972-1985). Desenvolveu a actividade sindical en CCOO ata 1981. Foi presidente da Sociedade Cultural do Burgo (1976-1983). Ingresou no PSdeG-PSOE en 1982. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Culleredo e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi reelixido con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, perdendo a maioría absoluta en 2007 (tras sufrir unha escisión, APDC) e formando unha coalición co BNG que revalidou en 2011. En 2013 logrouse o reingreso de APDC no PSdeG, polo que os socialistas recuperaron a maioría absoluta no pleno e romperon o pacto co BNG. Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Coruña tras gañalas primarias de novembro de 2014. No 2015 o PSdeG logrou un concelleiro máis, pero non conseguiu a maioría absoluta, ante o cal gobernou en minoría con apoios puntuais. O 26 de outubro de 2017 presentou a súa dimisión como alcalde e Secretario Provincial socialista por motivos persoaisJulio Sacristán abandona la Alcaldía tras 33 años y la dirección provincial del PSOE. Tamén foi membro da Executiva da FEGAMP e presidente do Consorcio das Mariñas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Culleredo

Ligazóns externas Blog de Julio Sacristán de Diego Ficha en galegos.info Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Culleredo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na provincia de Valladolid Categoría:Finados en 2025 Categoría:Finados por cancro de pulmón