A galactosamina é un aminoazucre hexosamina derivado da galactosa, coa fórmula C6H13NO5.Merck Index, 11th Edition, 4240. Leva un grupo amino no carbono 2, que substitúe ao grupo OH que tiña a galactosa alí PubChem compound GalactosamineChemSpider galn. Este amino azucre é un constituínte de certas glicoproteínas que actúan como hormonas no organismo, entre as que se poden salientar a hormona estimulante dos folículos (FSH) e a hormona luteinizante (LH). Estas hormonas tamén presentan outros azucres tales como a glicosamina, a galactosa e a glicosa.
A galactosamina tamén pode actuar como axente hepatotóxico, polo que é utilizada en modelos animais para estudar diversas patoloxías relacionadas coa insuficiencia hepática H. Gerhard Vogel: Drug discovery and evaluation, s. 944. Springer, 2002. ISBN 978-3540423966.(acceso 26-11-2011). John A. Timbrell: Principles of biochemical toxicology, s. 359. Informa Health Care, 2008. ISBN 9780849373022. (acceso 26-11-2011). Hyman J. Zimmerman: Hepatotoxicity, s. 120. Lippincott Williams & Wilkins, 1999. ISBN 978-0781719520. (acceso 26-11-2011).
Notas
Véxase tamén Outros artigos N-acetilgalactosamina Glicosamina
Ligazóns externas MeSH Descriptor Data
Categoría:Aminoazucres Categoría:Monosacáridos