Alejandra Pedrido Alonso, nada en Valencia o 7 de febreiro de 1992, é unha modelo galega.
Traxectoria A súa vida estivo vencellada dende pequena á cidade de Lugo, lugar de orixe dos seus pais, e a Viveiro, onde pasaba os veráns. O seu pai, militar, estivo destinado en Valencia e aí Alonso realizou os seus estudos. Cando facía o bacharelato foi descuberta por un profesional da moda e iniciou o seu percorrido pola pasarela. Fichou pola empresa española Traffic Models"Soy incapaz de resistirme a un buen cocido gallego", El Progreso, 24/02/2011. e desenvolveu campañas para firmas como Dolce & Gabbana, TopShop, Diane von Furstenberg, Just Cavalli, Yves Saint Laurent, Diesel, Roberto Verino ou Rocco Barocco.
Ao rematar os seus estudos instalouse en Nova York e dedicouse por completo á carreira da pasarela. En febreiro de 2011 gañou o premio á mellor modelo feminina da Cibeles Week, a pasarela de moda máis importante de España. En 2011 foi imaxe de campañas para Armani Exchange, Blanco, Mango, Gucci e Chanel. Ten desfilado en pasarelas de Madrid, París, Nova York ou Milán. Tamén nese ano apareceu na portada da edición rusa da revista Vogue, fotografada por Mariano Vivanco«Vogue Russia» se rinde también a la belleza de la gallega Alejandra Alonso, La Voz de Galicia, 26/11/2011..
Vida persoal Practicou o atletismo na súa infancia e mocidadeRanking 2005, Web do club Els Sitges, de Burjassot..
Notas
Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Valencia