José Antonio Ferreiro González, nado en Laxosa (O Corgo) o 2 de abril de 1944, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Perito mercantil. Rexentou durante máis de tres décadas unha fábrica de elaboración de pensos e venda de materiais de construción. Foi concelleiro do Corgo e membro do equipo de goberno dende as primeiras eleccións democráticas. En maio de 1995, con motivo do pasamento do alcalde Darío Díaz-Castroverde, pasou a ostentar a alcaldía. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura da CNG á alcaldía do Corgo, tras haberse pasado co anterior alcalde a esta formación antes do seu falecemento, xa que este fora excluído da candidatura popular. Desta forma mantivo a alcaldía co apoio do BNG, co cal gobernou ata novembro de 1998, cando os nacionalistas racharon ao acordo tras fichar como candidato do PPdeG. Nas sucesivas eleccións continuou como alcalde, con maioría absoluta ata as municipais de 2015, cando volveu ser elixido como cabeza da lista máis votadaFerreiro repite como alcalde de O Corgo al votarse a sí mismo el independiente Vila.

Nas municipais de 2019 non se presentou á reelección e retirouse da política,Jose Antonio Ferreiro se despide de la política sendo substituído polo novo candidato do PPdeG Felipe Labrada Reija.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Corgo

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes do Corgo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Corgo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes