How to Train Your Dragon é un filme de animación estadounidense de DreamWorks Animation, dirixido por Chris Sanders e Dean DeBlois que se estreou no 2010. Baséase no libro homónimo How to Train Your Dragon de Cressida Cowell.
Sinopse Ambientada no mítico mundo dos afoutos viquingos e dos dragóns salvaxes, esta comedia de acción narra a historia de Hiccup, un viquingo adolescente que non encaixa na antiga reputación da súa tribo como cazadores de dragóns. O mundo de Hiccup revoluciónase ó atopar a un dragón que o desafía a el e ós seus compañeiros viquingos, a ver o mundo dende un punto de vista totalmente diferente.
Personaxes Jay Baruchel como Hiccup Horrendous Haddock III Gerard Butler como Stoick the Vast Craig Ferguson como Gobber the Belch America Ferrera como Astrid Hofferson Christopher Mintz-Plasse como Fishlegs Ingerman Jonah Hill como Snotlout Jorgenson T. J. Miller e Kristen Wiig como Tuffnut e Ruffnut Thorston David Tennant como Spitelout Robin Atkin Downes como Ack. Philip McGrade como Starkard. Kieron Elliott como Hoark the Haggard. Ashley Jensen como Phlegma the Fierce.
Galardóns e nomeamentos 2010: Oscar: Nomeada ó mellor filme de animación e mellor banda sonora. 2010: Premios Annie: 10 premios, incluíndo mellor filme, director, guión. 16 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Dean DeBlois Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes producidos por Bonnie Arnold Categoría:Filmes ambientados na era viquinga Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX