Julián Lucas Ramírez, nado en Cuenca en 1949, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Funcionario, traballou en Cuenca en Industria. Trasladouse a Galicia en 1971. Instalouse en Cutián. Concelleiro no Concello de Cesuras polo PPdeG, logo falecemento en febreiro de 2008 do alcalde José Ferreiro Pardiñas, foi elixido alcalde de Cesuras. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cesuras e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Ao longo de 2012 iniciou, da man do concello de Oza dos Ríos, un proceso de fusión municipal con Cesuras. O 3 de maio de 2013, un mes antes de culminar o proceso de fusión, presentou a súa dimisión, logo de ser condenado por estafa á fronte dunha empresa inmobiliaria e resultar polo tanto inhabilitado para sufraxio pasivo"Dimite o alcalde de Cesuras, concello en proceso de fusión con Oza dos Ríos", artigo en La Voz de Galicia, 13 de maio de 2013.La renuncia del alcalde de Cesuras se debió a una condena por estafa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cesuras
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cesuras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cuenca Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes