José Ferreiro Pardiñas, nado en Cabana de Bergantiños en 1947 e finado en Oza Cesuras o 21 de febreiro de 2008, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Enxeñeiro técnico agrícola, por mor do seu traballo instalouse en Cesuras. En novembro de 1975 foi nomeado alcalde do Concello de Cesuras.La Voz de Galicia, 1-11-1975, p. 31. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Cesuras e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a CDS e mantivo a alcaldía con maioría simple. Nas municipais de 1987 repetiu candidatura polo CDS e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas eleccións xerais de 1989 foi candidato do CDS ao Senado, pero non resultou elixido. En 1991 pasou a encabeza-la candidatura do PPdeG, á fronte da cal mantivo a alcaldía con maioría absoluta, situación que se repetiría nas seguintes eleccións de 1995, 1999, 2003 e 2007.

Permaneceu no cargo ata o seu falecemento, por mor dun cancro, o 21 de febreiro de 2008. En setembro de 2014, como homenaxe póstuma, instalouse un monólito na súa memoria nunha praza da vila.

Vida persoal Casou e tivo un fillo. Mantivo unha relación moi estreita co presidente do goberno Adolfo Suárez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cesuras

Ligazóns externas "Falece Ferreiro Pardiñas, un dos alcaldes decano de Galicia con máis de 30 anos na alcaldía de Cesuras (A Coruña)" , artigo en Galicia Hoxe, 21 de febreiro de 2008. Homenaje póstumo a José Ferreiro Pardiñas, alcalde de Cesuras hasta el 2008 en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cesuras Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo CDS Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes