Europe é unha banda de heavy metal sueca procedente de Upplands Väsby e formada en 1979 co nome Force polo vocalista Joey Tempest, o guitarrista John Norum e o batería Tony Reno. Aínda que está amplamente relacionada co glam metal, o son da banda incorpora elementos do heavy metal e o hard rock. Dende a súa fundación, Europe publicou oito álbums de estudio, tres álbums ao vivo, tres recompilatorios e dezasete vídeos.

Europe fíxose internacionalmente coñecida a finais dos anos 80 co seu terceiro álbum, The Final Countdown (1986), convertido nun éxito comercial importante ao vender ao redor dos tres millóns de copias só nos Estados Unidos. Europe foi unha das bandas de rock máis exitosas dos anos 80, vendendo uns 20 millóns de discos en todo o mundo. O grupo tivo dous álbums top 20 na lista Billboard 200 (The Final Countdown e Out of This World), e dous sinxelos top 10 na Billboard Hot 100 ("The Final Countdown" e "Carrie").

Europe entrou en hiato en 1992, reuníndose para unha única actuación en Estocolmo o día de ano novo de 1999 e anunciando unha reunión oficial en 2003. Dende entón a banda editou tres álbums, Start from the Dark (2004), Secret Society (2006) e Last Look at Eden (2009).

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Europe 1983 Hot Records Wings of Tomorrow 1984 Hot Records The Final Countdown 1986 Epic Records Out of This World 1988 Epic Records Prisoners in Paradise 1991 Epic Records Start from the Dark 2004 Sanctuary Records Secret Society 2006 Sanctuary Records Last Look at Eden 2009 earMUSIC Bag of Bones 2012 earMUSIC War of Kings 2015 UDR Records Walk the Earth 2017 Hell & Back Come This Madness 2026 Hell & Back

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de glam metal Categoría:Grupos musicais de speed metal Categoría:Grupos musicais do condado de Estocolmo