Troy Brandon Murphy, nado o 2 de maio de 1980 en Morristown, Nova Jersey, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 12 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Murphy foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Golden State Warriors. Na súa segunda tempada nos Warriors, foi titular cos Sophomores no partido de Rookies do All-Star Weekend da NBA. Pasou catro tempadas completas nos Warriors.

O 17 de xaneiro de 2007, Murphy foi traspasado aos Indiana Pacers xunto aos seus compañeiros Mike Dunleavy, Jr., Ike Diogu e Keith McLeod a cambio de Stephen Jackson, Al Harrington, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell. Na súa etapa nos Pacers, mellorou o seu tiro dende longa distancia.

O 11 de agosto de 2010, os Pacers traspasaron a Murphy aos New Jersey Nets, nun traspaso de cinco xogadores entre catro equipos.

O 23 de febreiro de 2011, os Warriors ficharon de novo a Murphy xunto a unha elección de segunda rolda do Draft, a cambio de Brandan Wright e Dan Gadzuric. O 27 de febreiro, catro días máis tarde, Murphy e os Warriors acordaron a rescisión do seu contrato, a tempo para poder asinar por outro equipo para disputar os Playoffs.

O 2 de marzo de 2011, Murphy asinou cos Boston Celtics para o resto da tempada 2010-11.http://www.nba.com/celtics/news/press_release/030211-celtics-sign-murphy.html O 22 de abril de 2011, xogou o primeiro partido de Playoffs da súa carreira, un partido de primeira rolda contra os New York Knicks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks