O distrito de Kampala é un distrito da Rexión Central de Uganda, que ocupa o que é a capital do país, Kampala. A principal lingua do lugar é o luganda, aínda que se poden oír moitas outras linguas como o inglés, o suahili, o runyankole/rukiga, o acholi ou o lusoga.
O distrito atópase dentro do reino de Buganda. Limita polo sur, oeste e norte co distrito de Wakiso, e polo leste co concello de Kira.
Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación de aproximadamente 1 189 100 habitantes,2002 and 2010 Population Estimates for Kampala estimándose a súa poboación para o 2011 de 1 659 600 habitantes.
Divisións administrativas O distrito subdivídese en cinco divisións administrativas:
Kampala Central Kawempe Nakawa Makindye Lubaga
Notas
Kampala