A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (en catalán e oficialmente: Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya), (UVic-UCC), recoñecida pola Lei do Parlamento de Cataluña 5/1997, de 30 de maio, é unha universidade de natureza pública e de xestión privada establecida na cidade de Vic, na provincia de Barcelona, rexida pola Fundació Universitària Balmes que preside o alcalde de Vic.

É unha institución dedicada á educación superior e á investigación mediante a docencia e a formación continuada, e ten os seus fundamentos no principio de autonomía universitaria, expresada na liberdade de cátedra, de investigación e de estudo. A UVic-UCC é membro da Xarxa Vives d'Universitats e ademais de en Vic, ten campus en Manresa e Granollers.

O emblema da Universidade de Vic é o A de Carlomagno, peza de ourivaría carolingia que simboliza os principios do saber e a súa expansión ilimitada. A divisa que orienta á universidade, Scientiae patriaeque impendere vitam, é un verso de Lucano que significa "Dedicar a vida ao servizo da ciencia e a comunidade".

Historia 1599. O 26 de xuño, o rei Filipe III concedía ao Estudo Xeral de Vic o privilexio de graduar aos estudantes en Artes e Filosofía. Comezaba a Universidade Literaria de Vic. 1717. Como represalia pola Guerra de Sucesión, o rei Filipe V suprimiu todas as universidades catalás porque foran contrarias á súa causa e fundou a Universidade de Cervera, cidade que lle foi leal. A Universidade Literaria de Vic foi a última en depor os graos, en 1717. 1749. Fúndase o Seminario de Vic. A existencia do Seminario implicou o retorno dos estudos superiores de Teoloxía á cidade. Neste século arraiga con forza a tradición do Estudante de Vic. A cidade converteuse nun foco cultural importante da Renaixença. Personalidades do talle de Jaume Balmes, Jacint Verdaguer ou o Canonge Collell, e institucións como a Biblioteca Episcopal, o Círcol Literari ou o propio Seminario son exemplos ilustrativos. 1873. O Concello da cidade intentou sen éxito refundar a Universidade de Vic, exemplo que expresa a preocupación cidadá por conseguir un centro civil de ensino superior. 1977. Creación da Escola Universitaria de Mestres "Jaume Balmes" de Vic, adscrita á Universidade de Barcelona. 1979. Creación de Eumo Editorial (EUMO é o acrónimo de Escola Universitaria de Mestres de Osona). 1984. Creación de Eumogràfic, estudo de deseño. 1987-1988. Primeiro curso dos Estudos Universitarios de Vic con tres escolas universitarias: Escola Universitaria de Mestres Balmes. Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Osona, adscrita á Universidade de Barcelona. Escola Universitaria de Enfermería de Osona, adscrita á Universidade Autónoma de Barcelona. 1989-1990. Primeiro curso da Escola Universitaria Politécnica de Osona. 1993-1994. Primeiro curso da Facultade de Tradución e Interpretación. 1997. O 21 de maio celebrouse a sesión plenaria do Parlamento de Cataluña que aprobou a Lei de Recoñecemento da Universidade de Vic por unanimidade de todos os grupos políticos. Recuperábase así, 280 anos máis tarde, a última das universidades suprimidas por Filipe V.

Reitores Reitor/a Mandato Ricard Torrents i Bertrana 1997 - 2002 David Serrat i Congost 2002 - 2006 Assumpta Fargas i Riera 2006 - 2010 Jordi Montaña i Matosas 2010 - 2018Joan Masnou SuriñachJul 2018 - Des 2018Josep Eladi Baños2019 -

Centros adscritos

BAU Centre Universitario de Deseño Escola de Alta Dirección e Administración Escola de Cinema de Barcelona (ECIB)

Véxase tamén Ligazóns externas Universitat de Vic BAU, escola superior de deseño (centro adscrito)

Vic Categoría:Vic Categoría:Universidades privadas de España