El perro del hortelano é un filme español dirixido por Pilar Miró que se estreou en 1996. Adaptación cinematográfica da obra de Lope de Vega que respecta o texto en verso. Obtivo sete Premios Goya.

Sinopse Diana (Emma Suárez), condesa de Belflor, é unha muller perspicaz, impulsiva e intelixente. Está namorada de Teodoro (Carmelo Gómez), o seu secretario, pero comproba que este xa está comprometido con Marcela (Ana Duato). Movida polos celos e a envexa, fai todo o posíbel para separar os dous namorados.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pilar Miró