Devon Michael Murray, nado o 28 de outubro de 1988 en Maynooth, Condado de Kildare, é un actor irlandés coñecido por interpretar a Seamus Finnigan nos filmes de Harry Potter.

Traxectoria Anteriormente a Harry Potter, Murray xa fixera papeis como o de Christy en This is My Father, Malachy en Angela's Ashes e Geoffrey en Yesterday's Children. Dende o ano 2001 apareceu nos oito filmes da saga de Harry Potter.Devon Murray to reprise role in hp7 Como anécdota, o seu compañeiro de elenco, Daniel Radcliffe, revelou no DVD especial de Harry Potter e a Orde do Fénix que Murray tiña o récord de crebar o maior número de variñas de reposto durante o transcurso da gravación dun só filme (dez en total).

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1998 This Is My Father Christy 1999 Angela's Ashes Malachy 2000 Yesterday's Children Geoffrey Sutton Telefilme 2001 Harry Potter e a pedra filosofal Seamus Finnigan 2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos Seamus Finnigan 2002 Kelly El mesmo Serie de televisión 2003 Interviews with Students El mesmo (curtametraxe documental) 2004 Harry Potter e o preso de Azkaban Seamus Finnigan 2004 Head to Shrunken Head El mesmo (curtametraxe documental) 2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo Seamus Finnigan 2006 Reflections on the Fourth Film El mesmo (curtametraxe documental) 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Seamus Finnigan 2008 Gone Fishing Bill 2008 The Podge and Rodge Show El mesmo Serie de televisión, episodio #4.8 2008 The 9th Meteor Ireland Music Awards El mesmo Presentador 2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Seamus Finnigan 2010 Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Seamus Finnigan 2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) Seamus Finnigan

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores infantís de Irlanda Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Kildare