A máscara do Zorro (en ) é un filme estadounidense dirixido por Martin Campbell e producido por Steven Spielberg que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 22 de decembro de 2010.
Sinopse México, 1821. Un enmascarado e aclamado heroe popular, coñecido como o Zorro, loita con éxito contra a opresión colonial española na Alta California, representada polo tiránico gobernador don Rafael Montero. Porén, a véspera da liberación de México, Montero descobre que a identidade secreta do Zorro é a de don Diego de la Vega. Un inesperado ataque contra a casa do rebelde, saldarase coa súa captura, a morte da súa muller, o secuestro de Elena, a súa única filla, e a destrución das súas propiedades. Vinte anos despois, Montero regresa do exilio con Elena, que ignora a identidade do seu pai auténtico, e proponse mercar California ó Presidente de México, o Xeneral Santa Anna. Cando don Diego de la Vega se decata, foxe da prisión disposto a vingarse de Montero. Parte do plan consiste en adestrar e transformar a Alejandro Murrieta, un bandoleiro cun treboento pasado, no novo Zorro, para que lle axude a frustrar os plans de Montero dunha vez para sempre. Murrieta farase pasar por un rico terratenente español disposto a gañar a confianza de Montero.
Personaxes Antonio Banderas como Alejandro Murrieta / Zorro Anthony Hopkins como Don Diego De La Vega / Zorro Catherine Zeta-Jones como Elena (De La Vega) Montero Stuart Wilson como Don Rafael Montero Matt Letscher como Capitán Harry Love Tony Amendola como Don Luiz Pedro Armendáriz, Jr. como Don Pedro L.Q. Jones como Three-fingered Jack Julieta Rosen como Esperanza De La Vega
Galardóns e nomeamentos 1998: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor son e efectos de son. 1998: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme de comedia e actor comedia. 1998: Nomeada ó BAFTA: Mellor vestiario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Campbell Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes ambientados en 1821 Categoría:Filmes ambientados en 1841 Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego