Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24 d.C., foi un xeógrafo e historiador grego, que viviu durante o período de transición dende a República romana até a etapa do Imperio. Traxectoria Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía), no Ponto, que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma. Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Obra miniatura|dereita|Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides. Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.

A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra. Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia. Os libros XI e XVII describen Asia Menor. O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Véxase tamén

Ligazóns externas Tradución española, comentarios e notas dos textos referentes a Iberia , debidos a Antonio García y Bellido.

Categoría:Gallaecia Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Xeógrafos da Antigüidade Categoría:Nados en Turquía Categoría:Finados en 24