Alsacia (en alsaciano e alemán: Elsass; en francés: Alsace) é unha rexión cultural e histórica de Francia. Localízase ao leste do país, xunto ás fronteiras alemá e suíza. A súa capital e maior cidade é Estrasburgo.

Dende 1982 até 2016 Alsacia era a rexión administrativa máis pequena de Francia, formada polos departamentos de Baixo Rin e Alto Rin. A reforma territorial aprobada na lexislatura de 2014 levou á fusión da rexión de Alsacia con Champaña-Ardenas e Lorena para formar o Gran Leste.

A rexión foi obxecto de continuos conflitos e disputas entre Francia e as diferentes entidades de Alemaña. Cambiou sucesivamente de soberanía a partir dos períodos que seguiron aos enfrontamentos armados entre ambas nacións e que finalizaron en 1871, 1918 e 1945. O proceso de reconciliación franco-alemá tras o desastre humano, material e moral provocado pola segunda guerra mundial impulsou o nacemento e desenvolvemento dende a segunda metade do século XX da Unión Europea. Isto, xa que logo, converteu a rexión nun símbolo da paz e a unión política do continente. Así, a súa capital acolle as sedes de importantes institucións e organismos internacionais de Europa.

Xeografía miniatura|esquerda|150px|Vista da canle do río Bruche A superficie de Alsacia é de 8.280 km², a menor rexión da Francia metropolitana. Ten unha lonxitude de aproximadamente catro veces a súa largura, e esténdese sobre unha chaira (Pleine d'Alsace) entre o río Rin ao leste e as montañas dos Vosgos ao oeste.

O val de Alsacia é unha zona de afundimento tectónico centrada axialmente na falla pola cal discorre o Rin. O leste dese río delimítao a Selva Negra e o sur a cordilleira do Xura, tendo en conta o hiato xeográfico que se produce no true de Belfort e no amplo desfiladeiro do Lomont. Tal gran val entre os Vosgos e o Xura coñécese como a Porta dos Burgundios. Posúe diversas masas forestais, principalmente nos Vosgos e no Baixo Rin. Diversos vales tamén embelecen a rexión. O cumio máis alto é o Ballon d'Alsace, no Alto Rin, con 1.426 m.

A Alsacia ten un clima semicontinental, con invernos fríos e secos e veráns quentes. Hai pouca precipitación pluviométrica debido á protección dos Vosgos ao oeste. A cidade de Colmar ten un microclima seco: é a segunda cidade máis seca de Francia (logo de Perpiñán), cunha precipitación anual de soamente 550 mm, o que a converte en ideal para o cultivo da vide e a produción do viño da Alsacia.

Administración A rexión de Alsacia divídese en dous departamentos: o Alto Rin ao sur e o Baixo Rin ao norte. Ten fronteiras internacionais ao norte e leste con Alemaña e ao sur con Suíza. Cara ao oeste limita coa rexión francesa de Lorena, e ao suroeste, coas do Franco Condado e o seu pequeno departamento de Belfort, historicamente administrado por Alsacia.

As vilas alsacianas As principais cidades da rexión de Alsacia sonDatos de 2006 do sitio web do INSEE:

15px Estrasburgo (272.975) 15px Mulhouse (112.260) 15px Colmar (67.163) 15px Haguenau (35.457) 15px Schiltigheim (30.841)1 15px Illkirch-Graffenstaden (25.183)1 15px Saint-Louis (20.221) 15px Sélestat (19.837) 15px Wissembourg (8.258) 15px Thann (8.149) 15px Altkirch (5.575)

1Estas cidades forman parte da Comunidade Urbana de Estrasburgo.

Historia miniatura|Castelo de Haut Koeningsbourg miniatura|Sinagoga de Estrasburgo queimada polos nazis En tempos prehistóricos, habitaban Alsacia tribos nómades de cazadores, mais por volta de 1500 a.C. os Celtas comezaron a estabelecerse na rexión cultivando a terra. Por volta de 58 a.C., os romanos invadiron e estableceron a Alsacia como un centro de viticultura que para protexer esta valiosa actividade construíron fortificacións e campos militares que se transformaron en diversas comunidades, habitadas sen interrupción ata hoxe.

Co declive do Imperio Romano, a Alsacia tornouse un territorio controlado polos alamanes, un pobo agrícola cuxa lingua formou as bases do moderno alsaciano. Os francos expulsaron os alamanos da rexión durante o século V e a Alsacia tornouse entón parte do Reino da Austrasia, permanecendo baixo control franco ata que o reino se disolveu oficialmente en 843, co Tratado de Verdún.

Logo desta época tornou entón a ser parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, ficando baixo a administración dos Habsburgo de Austria ata que foi cedida a Francia ao remate da guerra dos Trinta Anos en 1648. Durante esta época Alsacia tivo unha gran prosperidade, sobre todo durante os séculos XII e XIII, baixo a administración dos Hohenstaufen, mais esa prosperidade rematou no século XIV cunha serie de invernos rigorosos, pésimas colleitas e a Peste bubónica. Estas dificultades foron atribuídas aos xudeus, levando ás terribles matanzas de 1336 e 1339. Durante o Renacemento, a prosperidade retornou á Alsacia baixo a administración dos Habsburgo.

Alsacia, xunto con Lorena, foi durante séculos obxecto de disputas e guerras entre Alemaña e Francia. Dende o ano 500 a área estaba poboada principalmente por unha poboación de orixe e lingua xermánicas, que loitou contra a imposición da lingua e costumes francesas (mostrando que ese territorio é esencialmente xermánico), mais sendo dúas rexións finalmente anexadas polos franceses durante o reinado de Lois XIV. As dúas rexións pasaron á Alemaña despois da guerra franco-prusiana de 1870, causando a emigración (estimada) de 50.000 persoas (dun total de 1 millón) para Francia, permanecendo Alsacia como parte de Alemaña ata o final da primeira guerra mundial, cando a cedeu de volta a Francia no Tratado de Versalles. Algúns, non obstante, como o presidente dos Estados Unidos de América Woodrow Wilson, consideraban que a rexión debería ser independente e autónoma, pois a súa Constitución definía que estaba suxeita unicamente á autoridade do káiser, e non do Estado Alemán (os alsacianos defendían a anexión ao Grande Imperio Alemán).

Despois da primeira guerra mundial, os habitantes que viñeran doutras partes de Alemaña foron expulsados e a identidade xermánica foi reprimida cunha política sistemática de prohibición do uso do alemán e dos seus dialectos, e a obriga do uso do francés como lingua vernácula, o que provocou o enfado dos alemáns buscando vinganza durante a segunda guerra mundial. Curiosamente, a rexión non foi obrigada a recoñecer as leis promulgadas en Francia entre 1870 e 1918, tales como a lei de separación entre a Igrexa e o Estado.

Durante esta guerra a rexión foi finalmente anexada pola Alemaña e absorbida pola rexión alemá do Baden, e a Lorena pola do Saarland. Nótese o estatuto diferente da situación do resto de Francia, que foi ocupada pola Alemaña. Con iso, os alsacianos foron obrigados a se alistar nas forzas armadas alemás, como calquera cidadán, sendo moitos enviados á Fronte rusa, a fin de distancialos da rexión natal e cohibir as tentativas de deserción. Moitos desertaron, e as súas familias sufriron as consecuencias.

A rexión trocou de mans novamente en 1944, volvendo ao dominio francés, que restaurou a vella política de represión do período entre-guerras. Por exemplo, de 1945 a 1984 o uso da lingua alemá en xornais limitouse a un máximo do 25%. Nos últimos anos, coa dilución da consciencia nacionalista, a liberdade cultural foi gradualmente restablecida.

Datas importantes 842. Os Xuramentos de Estrasburgo son pronunciados por Charles le Chauve e Louis le Germanique, contra o irmán máis vello deles, Lothaire. 855. Alsacia pasa a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico. 1354. Fundación da Decápole, liga de dez cidades libres da Alsacia. 1648. O Tratado de Westfalia outorga a Alsacia ao reino de Francia. 1790. Alsacia é dividida en dous departamentos: Baixo Rin e Alto Rin. 1871. Polo Tratado de Frankfurt, o Imperio Alemán anexa a Alsacia, coa excepción dos arredores de Belfort, así como unha parte da Lorena. 1911. O 31 de maio adóptase a constitución alsaciana. 1918. O 22 de novembro as tropas francesas toman Estrasburgo. 1919. O Tratado de Versalles restitúe Alsacia á Francia. 1940-1944. Durante a ocupación alemá, Alsacia é anexada ao Reich alemán. 1944. O 23 de novembro as tropas francesas do xeneral Leclerc liberan Estrasburgo.

Política miniatura|Estrasburgo, capital de Alsacia Alsacia é unha das rexións máis conservadoras de Francia. Foi unha das dúas rexións da Francia metropolitana onde a dereita gañou as eleccións rexionais de 2004, controlando así o Consello Rexional da Alsacia (conseil régional d'Alsace). O presidente do Consello Rexional é Adrien Celler, membro do partido gobernamental Union pour un mouvement populaire (Unión para un Movemento Popular) ou UMP. Os frecuentes trocos de status da rexión a través da historia deixou a súa pegada na política moderna cun interese particular en cuestións de identidade nacional. Alsacia é tamén unha das rexións máis pro-europeas, sendo unha das poucas rexións de Francia que votaron si á Constitución Europea en 2005.

A rexión alsaciana está dividida en dous departamentos, trece distritos departamentais, setenta e cinco cantóns e 904 comunas.

Economía miniatura|270px|Viñedos de Alsacia Segundo o Institut National de la Statistique et des Études Économiques (INSEE), Alsacia tivo un PIB de 44.300 millóns de euros en 2002 (3% do PIB francés). Cun PIB per cápita de 24.804 euros, é a segunda rexión máis rica de Francia, ocupando a Illa de Francia o primeiro lugar. O 68% dos empregos son no sector servizos (terciario) e o 25% na industria (secundario), sendo unha das rexións francesas máis industrializadas.

As actividades económicas máis importantes son:

A viticultura sobre todo ao longo da Ruta dos Viños da Alsacia, entre Marlenheim and Thann. A colleita do lúpulo e a cervexa, producindo a metade da cervexa producida no estado, especialmente nas proximidades de Estrasburgo, en particular Strasbourg-Cronenbourg e Schiltigheim and Obernai. Desenvolvemento forestal. Industria automobilística (en Mulhouse). Ciencias da vida, como parte do trinacional BioValley. Cloruro de potasio (até finais do século XX) e a minería de fosfatos.

Alsacia ten moitos vínculos internacionais e o 35% das empresas son as empresas estranxeiras (sobre todo de Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Xapón e Escandinavia).

Demografía A poboación alsaciana incrementouse a 1 836 000 habitantes en 2008, medrando regularmente ao longo dos anos, excepto en tempos de guerra, tanto por crecemento natural como pola inmigración. Este crecemento acelerouse a finais do século XX. O INSEE estima que a poboación alsaciana crecerá dun 12,9% a 19,5% entre 1999 e 2030.

Cunha densidade de 222 hab./km², a Alsacia é a terceira rexión máis densamente poboada na Francia metropolitana. A poboación ten, na súa maior parte, orixe xermánica (a lingua alemá foi prohibida despois da I Guerra Mundial e hoxe son poucos os que a falan).

Cultura Historicamente, a rexión pasou de Francia cara a Alemaña en multitude de ocasións, o que resultou nunha rica mestura cultural. Alén diso, Alsacia beneficiouse da súa situación xeográfica central que a converteu nun dos lugares de paso das migracións humanas desde xa antes da Idade Media e lugar de confluencia das diversas tendencias do pensamento europeo, dende o humanismo e a reforma protestante até o movemento contemporáneo da construción da Unión Europea.

Lingua miniatura|Moza coa vestimenta típica tradicional da Alsacia, caracterizada polo toucado en forma de papillon ou ás de bolboreta

Na rexión de Alsacia, o alsaciano refírese á lingua dialectal e o conxunto de variedades de orixe xermánico que se falan nela e que, a pesar de ser recoñecida entre as linguas de Francia, aínda non teñen un estatuto de lingua oficial. Os dialectos alemáns locais son o alsaciano e o franco. A pesar de que ambos poden ser distinguidos en francés (alsacien e francique), tendese a se referir a ambos como alsaciano. Ningún dos dous ten un estatuto oficial, a pesar de ambos seren recoñecidos como linguas de Francia.