A vea axilar é unha vea do membro superior humano, pertencente á axila. A vea axilar comeza no bordo inferior do músculo redondo maior e é a continuación da vea basílica, unha vea superficial que drena a superficie posteromedial da man e antebrazo. Fura a fascia fonda na metade do brazo.

A vea axilar pasa pola parte medial e anterior da axila e ao cruzar o bordo lateral da primeira costela convértese na vea subclavia. As veas que desembocan na axilar acompañan á arteria axilar no seu traxecto. As veas braquiais tamén desembocan na vea axilar.

Na súa parte máis proximal, áchase protexida pola cuberta axilar.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).

Categoría:Veas