San Cristovo de Dombodán é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo datos do IGE, no ano 2018 tiña unha poboación de 224 habitantes (107 homes e 117 mulleres). Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeneralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.

Patrimonio histórico artístico miniatura|250px|esquerda|San Cristovo de Dombodán A súa igrexa parroquial data de 1756. Feita en cantaría, a súa fachada é de estilo barroco-compostelán. Está coroada cunha espadana de características semellantes ás das priorais da Mariña de Lugo. O resto da nave está feita en pedra ordinaria.

No seu interior hai dous retablos: o Maior e o das Dolores, ámbolos dous de finais do século XVIII (1797), feitos polo mestre arquitecto e escultor Juan Domínguez seguindo os planos de Miguel Ferro Caaveiro.

Sábese que esta capela pertenceu ó pazo de Brandeso. Veñen a este Santuario a pedir contra o gurgullo do gran e por un bo parto. Esta petición implica revirar unha tella da Capela como "recordatorio".

Festas Celébranse as súas festas os días 30 e 31 de xullo, e no primeiro domingo de setembro celébrase a Romaría do Viso na capela do mesmo nome, situada na cima do couto do Viso, desde onde se di que a Virxe pode ver a do Corpiño e a de Rendal.

Na parroquia atópase tamén o Museo Vivente do Mel.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Dombodán

Parroquias de Arzúa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arzúa

Categoría:Parroquias de Arzúa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo