Neil Jordan, nado en Sligo (Irlanda) o 25 de febreiro de 1950, é un director de cine irlandés, gañador do Oscar ó mellor guión orixinal en 1992 por The Crying Game.
O cine de Jordan, é esencia poético, tende a explorar os espazos que se abren máis aló do estado normal de conciencia, con frecuencia recorrendo a elementos plásticos que remiten ao onírico. As súas películas adoptan un punto de vista enteiramente subxectivo en torno a un único personaxe protagonista. É notable o seu gusto pola relectura da narrativa clásica, moitas veces en clave irónica e iconoclasta, como ocorre en Na compaña dos lobos, e tamén a súa visión desprexuizada dos ambientes marxinais, como se pode ver en Breakfast on Pluto.
Biografía Jordan naceu no Condado de Sligo, en Irlanda. Foi educado no St.Paul's College, Raheny e converteuse ao catolicismo. Estudou Historia de Irlanda e Literatura inglesa no University College Dublin. Cando John Boorman estaba a filmar a película Excalibur en Irlanda, recrutouno como guionista.
Filmografía Angel (1982) Na compaña dos lobos (1984) Mona Lisa (1986) O hotel das pantasmas (1988) We're No Angels (1989) Amor a unha estraña (1990) The Crying Game (1992) Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (1994) Michael Collins (1996) The Butcher Boy (1997) The End of the Affair (1999) In Dreams (1999) The Good Thief (2002) Breakfast on Pluto (2005) A estraña que hai en ti (2007) Ondine. A lenda do mar (2009) The Borgias (Serie TV) (2011) Byzantium (2012)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Neil Jordan Neil Jordan en Internet Movie Database Neil Jordan en AllMovie
Categoría:Directores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no condado de Sligo Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal