miniatura|Meira no 2008. Alberto Meira nado en Vincios (Gondomar) o 15 de novembro de 1977, é un piloto de rally galego que foi dúas veces campión de Galicia de rally, en 2010 e 2016, e oito veces subcampión.

Ademais foi campión do grupo N en 2004 e 2009 e gañador da Copa Renault Clio de Galicia de 2004. Tamén ten participado no Campionato de España de Rallys, onde logrou unha vitoria e varios podios, ademais do subcampionato en 2013. O seu copiloto habitual dende 2017 é José Murado, tendo competido anteriormente xunto a Álvaro Bañobre e David Vázquez.

Traxectoria Debutou en competición en 1999 cun Peugeot 106 no Campionato Galego e ao ano seguinte afrontou a Copa Fiat Punto autonómica e debutou no Campionato de España co 106, no Rally de Ourense. En 2002 comezou a correr con Álvaro Bañobre como copiloto, co que continuaría durante toda a seguinte década. Ese ano participou cun Renault Clio Sport na copa Nacional Clio, acadando o cuarto lugar e en 2003 acadou un podio nesa Copa (terceiro no Rally Vasco Navarro). En 2004 disputou dúas probas nacionais cun Mitsubishi Lancer Evo VII, obtendo un oitavo posto en Ourense e o sétimo lugar no grupo N. En Galicia disputou co Clio a Copa Renault conseguindo o título e o seu primeiro podio na competición rexional cun segundo posto no Rally Salón do Automóbil de Vigo. No 2005 participou en catro probas nacionais nesta ocasión cun Lancer Evo VIII con resultados moi discretos, mentres que en Galicia acadou dous novos podios: Sur do Condado e Albariño. Ao ano seguinte rematou sétimo no Rías Baixas e logrou a súa primeira vitoria absoluta en Galicia cunha vitoria no Rally do Lacón. Grazas a este resultado e tres podios máis rematou cuarto o campionato. En 2007 cun novo vehículo, o Lancer Evo IX, apartou o concurso rexional onde só foi ao Sur do Condado, acadando o segundo posto, e fixo un programa case completo do campionato estatal. Finalizou noveno en Vila Joiosa e cuarto no Rías Baixas, a súa mellor actuación ata esa data no certame. En 2008 abordou o campionato rexional puntuando nas dúas primeiras citas para logo acadar a súa segunda vitoria absoluta, esta vez no Rally do Albariño. Despois engadiu un segundo posto no Condado o que lle permitiu ser quinto na clasificación final do campionato galego. No campionato de España foi oitavo en Ourense, quinto en Ferrol e oitavo na categoría do grupo N. Ao ano seguinte disputou todo o campionato autonómico acadando cinco podios e a vitoria no Sur do Condado, rematando a tempada como subcampión por detrás de Pedro Burgo.

Campión galego (2010) miniatura|Meira no 2016 (Rally Sur do Condado).|alt=|esquerda Para a tempada 2010 adquiriu un Lancer Evo X, un vehículo que lle permitiu acadar a vitoria nas dúas primeiras citas do galego: Comarca da Ulloa e Cocido. O seu principal rival na loita polo título foi Bamarti ao que Meira derrotou con dous triunfos máis en Narón e no Baixa Limia para proclamarse campión por primeira vez, aínda sen ter que acudir á última cita, o Botafumeiro. Ao ano seguinte sumou dous abandonos no nacional (Vila Joiosa e as Canarias) e logo foi oitavo na proba das Rías Baixas onde unha sanción o privou de subir ao podio. Esta situación fixo que Meira decidise abandonar a Escudería Rías Baixas, (mesma entidade organizadora do rally) e continuar a tempada competindo con RMC Motorsport no nacional e co seu propio equipo (AMF Sport) en Galicia. Ese ano só logrou unha vitoria no Sur do Condado e un podio no Baixa Limia.

En 2012 acadou a súa primeira vitoria absoluta no campionato de España tras gañar o rally Rías Baixas por diante de Alberto Hevia cunha diferenza de 6 segundos. Despois abandonou en Ourense, e a nivel rexional subiu ao podio en Noia e Narón. En 2013 cambiou de copiloto entrando David Vázquez no lugar de Álvaro Bañobre, que pasou a correr con Iván Ares. Meira e Vázquez disputaron todo o campionato de España con bos resultados. Foron quintos na súa primeira participación en Canarias, terceiros en Cantabria e segundos no Rías Baixas, Sierra Morena e Madrid. Aínda que un pouco lonxe dos gañadores Luís Monzón e José Carlos Déniz, Meira e Vázquez conseguiron o subcampionato. O 2014 marcou un ano de transición, con só catro rallys, dos cales tres acabaron en abandonos e o outro nun segundo posto no Rally do Cocido. miniatura|Alberto Meira no Rally do Cocido de 2017

Segundo título (2016) A partir de 2015 centrouse de novo no campionato galego. Co Evo X R4 conseguiu ese ano dúas vitorias máis para o seu palmarés: Narón e Sur do Condado. Outros dous podios permitíronlle entrar na loita polo título contra Alejandro Pais e situarse como líder. O cuarto posto no Rally San Froilán deulle o liderado ao seu rival e na última cita (Rally Ribeira Sacra), con todo por decidir, Meira só puido ser décimo oitavo e acabar así subcampión. No 2016, con todo, e case sen oposición, Meira gañou o seu segundo título tras gañar cinco probas das oito do calendario: Eurocidade Tui-Valença, Narón, Sur do Condado, Ribeira Sacra e Comarca da Ulloa.

Subcampionatos (2017-actualidade) Disputou a tempada 2017 do campionato galego con José Murado como copiloto despois de que David Vázquez decidise correr o campionato con Víctor Senra. Obtivo un cuarto posto no Rally da Coruña, e subiu ao podio nas seguintes seis probas, incluída unha vitoria no Sur do Condado, resultados que sumados á suspensión do último rally, o Comarca da Ulloa, lle deron o seu terceiro subcampionato, esta vez por detrás de Víctor Senra. Na tempada 2018 desenvolveuse de maneira semellante á anterior, logrando tamén seis podios, esta vez con dúas vitorias (Sur do Condado e Comarca da Ulloa) e rematando como subcampión de novo por detrás de Senra.

Comezou 2019 igual que as dúas tempadas anteriores: cun cuarto posto no Rally da Coruña. A continuación viñeron un abandono en Noia, tres podios consecutivos no Rías Baixas, Narón e Sur do Condado, e outros dous abandonos no Botafumeiro e no Ourense-Lugo-Ribeira Sacra. Finalmente logrou a súa primeira vitoria no Rally San Froilán e quedou segundo na primeira edición do Rally Mariña Lucense, resultados cos que rematou subcampión galego por quinta vez, a terceira consecutiva por detrás de Víctor Senra.

Palmarés Resultados Campionato galego Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos Puntos2004Renault Clio SportCOC6RDN5SDA2ALB7NAR8OBLRetBOT3LUGRet5º6332005Mitsubishi Lancer Evo VIIICOCCON2ALB3NARRetBXLBOTRetRDNRetLUG9º3852006Mitsubishi Lancer Evo VIIICOC2RDNALBNARRetCONRetBXL3LAC1LUGRetBOT22007Mitsubishi Lancer Evo IXCOCRDNALBNARCON2LUGBXLBOT2008Escuderia Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo IXCOC4RDN5ALB1NARRetCON2CDULUGRetBXL5º6962009Escuderia Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo XCDURetCOC3NOIA4ALB2CDN4SUR1SFR6BXL2BOT32º12052010Escuderia Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo XCDU1COC1NOIA4CDN1SUR5SFR4OBL1BOT1º 13452011AMF MotorsportMitsubishi Lancer Evo XCOCNOIACDUNARSUR1SFROBL2SDGRetBOT 10º 4602012AMF MotorsportMitsubishi Lancer Evo XCOCRetRDN2CDURetCDN3SDCRetLACLUGOBLSDGBOT 7º 2032013AMF MotorsportMitsubishi Lancer Evo XSDG3COCNOIULLNARSDCLUGRBS2014 AMF MotorsportMitsubishi Lancer Evo XRDC2RDNRetBOTRetCDNSDCULLLUGRBSTVA 7º 2402015 AMF MotorsportMitsubishi Lancer Evo X R4RDCRetNOIRetNAR1SDC1COR2CDU3SFR4RBS182º 11412016Yacar RacingMitsubishi Lancer Evo X R4RDN2COCRetTVA1CDN1SDC1LUG2RBS1ULL11º17372017Yacar RacingMitsubishi Lancer Evo X R4COR4COC2RDN2CDN3SDC1RBS3LUG22º12922018Yacar RacingMitsubishi Lancer Evo X R4COR4RDN3RBXRetCDN3SDC1BOT2RBS3LUGRetULL12º13902019Yacar RacingCitroën DS3 R5COR4RDNRetRBX2CDN2SDC3BOTRetRBSRetLUG1MAL22º12642020Yacar RacingCitroën DS3 R5COR3LUG3MAL33º184

Resultados Campionato de España Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos Puntos 2000 Escudería Rias Baixas Peugeot 106 RallyeCATECICAJMEDVLLOURRetAVIRBXRetCORPRIVENSALTENMAD - 02001 Escudería Rias Baixas Fiat Punto HGTMEDECISALCORRetVLLOURAVIRBX55PRIVENCAJMAD2002 Escudería Rias Baixas Fiat Punto HGTECICAJVLLOURRetAVIRBXRetVCN Renault Clio SportMED36CDS40MAD322003Escudería Cantera 3P CarRenault Clio SportMEDRetECICAJRetRBX21OURRetAVIVLL29VCN25CDSRet2004Escudería AR Vidal RacingMitsubishi Lancer Evo VIIVILECICANRBX12OUR8AVIPDAVLLCDSMAD2005Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo VIIIVILCNRCANRBXRetOURRetAVI33FRR26VLLPRI2006Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo VIIIVILCNRCANRBX7OURRetAVIPRIFRRRetVLLCBR2007Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo IXVIL9CNRCAN13RBX4OURRetFRRRetPRIRetVLLRetCBR2008Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo IXVILCNRCANRBXRetOUR8FRR5PRIVLLSRMCBRSHA2009Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo IXVILCNRCANRBX10OUR7FRRPRIVLLSRMCBRSHA2010Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo XVILCNRCANRBX2OURRetFRRRetPRIVLLSRMRCM6 18º 512011Escudería Rias BaixasMitsubishi Lancer Evo XVILRetCNRCANRetRBX8 20º 42RMC MotorsportORNRetFRR4PRAVLLSRMRCM2012RMC MotorsportMitsubishi Lancer Evo XCNRCANRBX1ORNRetFRRPRAVLLSRMRCM 21º 352013RMC MotorsportMitsubishi Lancer Evo XCNR5CAN3RIA2ORE5FERRetPRIRetLLA7SMO2MAD2 2º 193,52014RMC MotorsportMitsubishi Lancer Evo X R4CNRSMORBXRetOURBIEFERPDALLACANMAD - 02015RMC MotorsportMitsubishi Lancer Evo XVDACNRSMORBXRetOURFERPDALLAMAD - 0 Referencias Alberto Meira (driver)

Vitorias no Campionato de Galicia Rallys gañados Nº Ano Rally 12006Rally do Lacón22008Rally do Albariño32009Rally Sur do Condado42010Rally Comarca da Ulloa52010Rally do Cocido62010Rally Cidade de Narón72010Rally Ourense Baixa Limia82011Rally Sur do Condado92015Rally Cidade de Narón102015Rally Sur do Condado112016Rally Eurocidade Tui-Valença122016Rally Cidade de Narón132016Rally Sur do Condado142016Rally Ourense-Ribeira Sacra152016Rally Comarca da Ulloa162017Rally Sur do Condado172018Rally Sur do Condado182018Rally Comarca da Ulloa192019Rally San Froilán202021Rally San Froilán212021Rally Ribeira-Ría de Arousa222022Rally Pazo Tizón232022Rally San Froilán242023Rally Pazo Tizón252023Rally Ribeira Sacra262023Rally San Froilán272023Rally Ribeira-Ría de Arousa

Vitorias no Campionato de España Rallys gañados Nº Ano Rally 12012Rally Rías Baixas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Alberto Meira en ewrc-results.com .

Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Nados en 1977