Tomás Javier Fole Díaz, nado en Vilagarcía de Arousa o 28 de xaneiro de 1965, é un político galego do PPdeG.

miniatura|Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Traxectoria

Neto de Darío Fole Malvar e sobriño de Joaquín Fole Vilar. Licenciado en empresariais. Foi candidato do PPdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2003, nomeado logo do repentino falecemento de Miguel Ángel González Estévez, conseguindo incrementa-lo apoio do partido (aínda moi afectado pola escisión de IVIL de José Luis Rivera Mallo), pero sen acadar a maioría. Nese ano pasou tamén a presidir Xunta Local do PPdeG de Vilagarcía. Nas municipais de 2007 seguiu incrementando apoios, pero novamente sen gañar. En 2010 foi reelixido Presidente local do partido, a pesar do seu enfrontamento co presidente provincial Rafael Louzán que promovera unha candidatura alternativa do presidente da Autoridade Portuaria Javier Puertas«Louzán y yo tenemos modos diferentes de ver la realidad» La Voz de Galicia, 15/6/2010 ..

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e gañou as eleccións, quedándose a un concelleiro da maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En outubro de 2011 chegou a un acordo con José Luis Rivera Mallo polo cal disolvería IVIL no PPdeG, índose Rivera como candidato ao Senado e entrando o seu número 2 na corporación e como membro do goberno local, polo que Fole puido gobernar en maioría todo o mandato. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía logo de ser derrotado polo PSdeG-PSOE de Alberto Varela. Formou parte das candidaturas ao Congreso dos Deputados do Partido Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e 2016, sen resultar electo. Tralas renuncias de Irene Garrido e José Balseiros, en novembro de 2016 tomou posesión como deputadoTomás Fole, ao Congreso dos Deputados tras a renuncia de José Balseiros.

En maio de 2017 abandonou a presidencia local do PP en Vilagarcía, logo de non concorrer á reelección. Consumou o seu adeus definitivo á política local, logo de 14 anos, ao renunciar como portavoz e concelleiro en outubro dese mesmo anoTomás Fole renuncia a su acta de concejal en el Concello de Vilagarcía de Arousa. Mantívose como deputado no Congreso ata o remate da lexislatura en 2019. En novembro dese ano foi nomeado asesor da Consellería de PresidenciaEl PPdeG rehabilita a Tomás Fole y lo nombra asesor de Vicepresidencia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas "Tomás Fole: «Nos gustaría llegar a ser una referencia, como lo está siendo Feijoo en Galicia»" La Voz de Galicia, 20/6/2011 . Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra