Manuel González Fernández, nado en Chantada o 15 de xuño de 1944 e finado en Lugo o 10 de xullo de 2010, foi un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria Mestre de profesión, nos anos 60 exerceu na escola unitaria de Xermade e despois dirixiu o Colexio Público de Xermade entre 1980 e 1996. Foi nomeado alcalde de Xermade en 1970. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Volveu ser alcalde nas sucesivas eleccións xa polo PPdeG ata 2003, cando o substituíu o seu compañeiro de formación Tomás Rodríguez Arias
En 1997 foi deputado no Congreso dous anos, en substitución de Mauro Varela Pérez. Tamén foi deputado provincial e responsable de deportes da Deputación Provincial. Foi cronista deportivo de El Progreso.
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Eleccións municipais en Xermade
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Noticia en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Xermade Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes