O distrito de Lyantonde é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda, denominado así pola súa capital, Lyantonde. No ano 2002 tiña unha poboación dunhas 66.000 persoas. A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.
Limita co distrito de Sembabule polo norte e nordeste, co distrito de Lwengo polo leste, co distrito de Rakai polo sur, e co distrito de Kiruhura polo oeste.
O distrito componse dun só condado, o condado de Kabula. Anteriormente ao 2007, formaba parte do distrito de Rakai, mais nese ano o condado separouse do nomeado distrito e déuselle status de distrito.
Lyantonde