Acontecementos Europa 15 de agosto - A Academia de Medicina de París dá a súa aprobación ao método Pasteur de curación da rabia. 1 de novembro - Fúndase a Asociación Atlética Gaélica en Irlanda. 25 de decembro - Un terremoto sacode a provincia de Granada. Establécese en España o monopolio do servizo telefónico a favor do Estado. Edison descobre o "efecto Edison", base da electrónica moderna.

América 1 de maio - A Federación de Oficios Organizados e Sindicatos dos Estados Unidos proclama a loita pola xornada de oito horas. 5 de agosto - Primeira pedra para a estatua da liberdade en Nova York

África O 15 de novembro a Conferencia de Berlín reúne a 14 países até o 25 de febreiro de 1885. Consagra a partición de África entre os países europeos. Descóbrense minas de ouro en Suráfrica. Créase a África oriental xermánica con Ruanda, Mozambique, Tanzania e Burundi. A Alemaña ocupa Camerún

Asia Francia anexa Camboxa. No Xapón créase un senado composto por membros da nobreza de corte (kuge) e das familias Daimyos.

Nacementos 26 de xaneiro - Edward Sapir, lingüista estadounidense. 28 de xaneiro - Auguste Piccard, inventor suízo. 12 de febreiro - Max Beckmann, pintor impresionista alemán (m. 1950) 12 de febreiro - Marie Vassilieff, pintora francesa de orixe rusa. 24 de marzo - Peter Debye, físico e químico estadounidense, premio Nobel de Química en 1936. 25 de marzo - Ignacio Barraquer i Barraquer, oftalmólogo español 26 de marzo - Wilhelm Backhaus, pianista alemán. 4 de abril - Isoroku Yamamoto, almirante xaponés que planeou o ataque a Pearl Harbor 7 de abril - Bronislaw Malinowski, antropólogo e etnólogo polonés (morto en 1942) 11 de abril - León Felipe, poeta español. 12 de abril - Otto Fritz Meyerhof, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1922 20 de abril - Augusto dos Anjos, poeta brasileiro (m. 1914). 25 de abril - Marcelino Domingo, mestre e político republicano español (m. 1939). 8 de maio - Santiago Casares Quiroga, avogado e político galego (m. 1950). 8 de maio - Harry Truman, presidente dos Estados Unidos (m. 1972). 19 de xuño - José Rizal, médico, escritor e heroe nacional filipino. 22 de xuño - José Fondevila García, sindicalista e político galego (m. 1973). 25 de xuño - Daniel-Henri Kahnweiler, escritor, coleccionista e marchante de arte (m. 1979). 27 de xuño - Gaston Bachelard, filósofo francés (m. 1962).

12 de xullo - Amedeo Modigliani, pintor e escultor italiano (m. 1920). 2 de agosto - Rómulo Gallegos, escritor, político e Presidente da República de Venezuela en 1948. 27 de agosto - Vincent Auriol, presidente da República Francesa (m. 1966). 30 de agosto - Laureano Gómez Paratcha, médico e político galego (m. 1968). 30 de agosto - Theodor Svedberg, químico sueco, premio Nobel de Química en 1926. 18 de setembro - Celia Torrá, violinista, pianista, compositora, concertista, docente, directora de orquestras e coros arxentina (m. 1962). 1 de outubro - Vicente Risco, xornalista, etnógrafo e pensador galego (m. 1963). 11 de outubro - Friedrich Bergius, químico e industrial alemán, premio Nobel de Química en 1931. 14 de novembro - Severino Chacón Bergueiro, sindicalista galego (m. 1978). 16 de decembro - Julio Camba, escritor, xornalista, humorista (m. 1962). 22 de decembro - Antón Losada Diéguez, escritor (m. 1929). 30 de decembro - Hideki Tojo - xeneral e primeiro ministro xaponés durante boa parte da segunda guerra mundial. Teolindo Cortiña, escritor e sacerdote galego.

Mortes 6 de xaneiro - Gregor Mendel, monxe austríaco que enunciou as leis sobre a herdanza xenética. 17 de xaneiro - Hermann Schlegel, ornitólogo alemán (n. 1804) 18 de xaneiro - Antonio Romero Ortiz, político galego (n. 1822) 11 de febreiro - John Hutton Balfour, botánico escocés (n. 1808) 16 de marzo - Gaspar Rodríguez Rodríguez, médico, político e escritor galego (n. 1835). 12 de maio - Robert Angus Smith, químico escocés. 20 de maio - Eduardo Gasset Artime, político, escritor e xornalista galego.

13 de xuño - Jan Arnošt Smoler, filólogo e escritor sorbio. 19 de xuño - Juan Bautista Alberdi, político e escritor arxentino 1 de xullo - Allan Pinkerton, detective (n. 1819) 30 de xullo - Gustave le Gray, fotógrafo francés (n. 1820) 10 de setembro - George Bentham, botánico británico (n. 1800)

Outros En outubro a Conferencia Internacional de Meridianos, reunida en Washington DC, fixa a referencia no meridiano de Greenwich

Creacións Literatura Rosalía de Castro: En las orillas del Sar. Manuel Murguía: El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria. Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego - castellano. José María de Pereda: Sotileza. Guy de Maupassant: O lobo. Oxford English Dictionary.

Pintura Vincent van Gogh: "Os teares".

Arquitectura Antoni Gaudí: Igrexa da Sagrada Familia.

Historia ano a ano

Categoría:1884