Stefania é un cráter de impacto que está situado no norte da rexión Sedna Planitia, no planeta Venus. É un cráter pequeno, cun diámetro de só 11,7 km, e é polo tanto un dos cráteres máis pequenos de Venus. A causa de que a meirande parte dos meteoritos de tamaño relativamente pequeno se desintegran mentres atravesan a profunda e densísima atmosfera de Venus, non existen cráteres de menos de 3 km de diámetro e os cráteres de menos de 25 km de diámetro son escasos. A forma asimétrica e escorada cara ao leste do material expulsado durante o impacto, suxire que o meteorito que orixinou este impacto traía unha traxectoria cun ángulo oblicuo. Cunha obsevación máis detallada, pódense delinear cráteres secundarios e sucos feitos polos grandes bloques de rochas expulsados do impacto do cráter principal. Chama tamén a atención a existencia dun halo escuro ó radar (algo frecuente nos cráteres de Venus) de gran tamaño, rodeando todo o cráter e o material espelido polo mesmo. Este halo escuro significa unha superficie suave, teorizase con que a onda de choque do impacto pulverizou o terreo rilleiro que existía previamente ou que sinxelamente, despois do impacto, estes terreos foron cubertos cunha capa de material fino procedente do material espelido polo propio impacto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Barton (cráter) Isabella (cráter) Meitner (cráter)

Categoría:Cráteres de impacto de Venus