María de Villarino, nada en Chivilcoy, Provincia de Buenos Aires, en 1905 ou 1909 e finada en Buenos Aires o 6 de xuño de 1994, foi unha escritora e poeta arxentina.

Traxectoria Durante a súa mocidade, obtivo un profesorado en literatura, graduándose na Facultade de Filosofía e Letras da cidade da Prata, cidade na que estivo radicada, desenvolveu practicamente toda a súa obra e onde exerceu como docente. Posteriormente, foi unha asidua colaboradora do xornal arxentino La Nación e das revistas Sur, Nosotros e Humanidades.

Cos poemas reunidos en Tiempo de angustia (1938) obtivo o Premio Municipal e recibiu en 1982 o Gran Premio de Honra da Sociedada Arxentina de Escritores (SADE). Presidiu a SADE no período 1973-75 e o seu relato autobiográfico Luz de memorias obtivo o Premio Nacional en 1948. En 1950 publicou un segundo volume de narracións, La rosa no debe morir, e outras das súas obras poéticas foron: Calle apartada, Nuevas coplas de Martín Fierro, Junco sin sueño, Elegía del recuerdo e Los nombres de la vida: ciento y un sonetos.

Traduciu ao castelán o poemario Pranto matricial de Valentín Paz-Andrade 1955).

Notas

Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Tradutores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades sen imaxes