Enrique Álvarez Barreiro, nado en Folgoso do Courel en 1964, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Canteiro, traballou no Carballiño e despois montou un taller en Vilamartín de Valdeorras. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras e foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada, sendo a primeira vez na democracia que os socialistas conseguían o poder no concelloEl socialista Enrique Álvarez fulmina 36 años de hegemonía del PP en Vilamartín. O 21 de xaneiro de 2013 perdeu a alcaldía tras unha moción de censura que fixo alcaldesa María Jesusa Candal, candidata do PPdeG e súa predecesora no cargo.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións de 2019 e 2023. En maio de 2026 anunciou a súa dimisión por motivos persoais, sendo substituído pola tenente de alcalde e deputada provincial, Sherezade Núñez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Folgoso do Courel Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes