A Volta a Burgos, na denominación en castelán Vuelta a Burgos, é unha competición ciclista por etapas de duración inferior a unha semana que se disputa na provincia de Burgos no mes de agosto. Historia e características Comezou na década de 1940, aínda que non foi ata a década de 1980, na que grazas ao pulo do que fora o seu director durante 17 anos, Gregorio Moreno, cando se estandarizou, primeiro como competición aberta entre 1981 e 1986, e logo como carreira completamente profesional dende 1987. Despois duns anos clasificada entre as mellores voltas (coa máxima catalogación dentro das carreiras dunha semana), a partir da creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 foi introducida no UCI Europe Tour, xusto un punto inferior das consideradas UCI Protour, a pesar de manter a súa cualificación de 2.HC.
O ciclista máis galardoado é o vasco Marino Lejarreta, con catro títulos.
Véxase tamén Ligazóns externas Vuelta a Burgos
Categoría:Competicións de ciclismo de España Categoría:Deporte en Castela e León Categoría:Probas do UCI Europe Tour