Alejandro Valverde Belmonte, nado o 25 de abril de 1980 en Las Lumbreras de Monteagudo (Murcia) é un ciclista español, gañador do UCI ProTour nos anos 2006 e 2008, e da Vuelta a España en 2009.
Considerado un especialista nas clásicas, gañou unha Clásica de San Sebastián, 4 Flèches Wallonnes (marca na carreira) e 3 Liexa-Bastogne-Liexa entre outras probas. Tamén gañou 2 veces o Critérium du Dauphiné, 1 Volta a Cataluña e a UCI ProTour en 2006 e 2008. Tamén gañou 2 veces a UCI WorldTour en 2014 e 2015.
O 1 de xaneiro de 2010 comezou a cumprir unha sanción de 2 anos sen competir por mor da súa implicación nunha trama de dopaxe.
Resultados nas Grandes Voltas O maior éxito profesional de Alejandro Valverde foi a vitoria no campionato do mundo en ruta no ano 2018. 1 vitoria na Vuelta a España de 2009. 4 vitorias de tirada no Tour de Francia (1 en 2005, 2 en 2008 e 1 en 2012). 7 vitorias de tirada na Vuelta a España (2 en 2003, 1 en 2004, 1 en 2006, 1 en 2008, 2 en 2012, 1 en 2014 e 1 en 2015). Carreira200220032004200520062007200820092010201120122013201420152016Giro de Italia--------------3ºTour de Francia---Ab.Ab.6º8º---20º8º4º3º6ºVuelta a EspañaAb.3º4º-2º-5º1º--2º3º3º7º- -: non participou Ab.: abandono
Resultados nos Campionatos do Mundo Alejandro Valverde conseguiu 2 medallas de prata, 3 de bronce e unha de ouro na proba en ruta dos campionatos do mundo de ciclismo. Carreira20022003200420052006200720082009201020112012201320142015201620172018Mundial en Ruta 24px-2º6º2º3º57º37º9º--3º3º3º51 -: non participou
Equipos miniatura|Aejandro Valverde en 2018. Kelme (2002-2004)
Kelme-Costa Blanca (2002-2003) Comunidad Valenciana-Kelme (2004) Caisse d'Epargne/Movistar Team (2005-2010) Illes Balears-Caisse d'Epargne (2005)
Caisse d'Epargne-Illes Balears (2006) Caisse d'Epargne (2007-2010) Movistar Team (2012-Actualidade )
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial de Alejandro Valverde
Categoría:Ciclistas olímpicos de España Categoría:Gañadores da Vuelta a España Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020