Juan Antonio Martínez González, nado en 1953, é un político galego do PPdeG. Traxectoria Industrial. Concelleiro do PPdeG en Verea dende 1999. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura e conseguiu ser a forza máis votada, se ben non conseguiu a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG e o BNG. Trala ruptura do pacto entre socialistas e nacionalistas, en xullo de 2004 encabezou a moción de censura contra o alcalde socialista Félix Parada Martínez e foi elixido alcalde, todo grazas ao apoio dos dous edís do BNGO PP consegue a alcaldía de Verea tras unha moción de censura.

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou novamente a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas municipais de 2011 e 2015 tamén con maioría absoluta. No ano 2019 perdeu a maioría absoluta, polo que a alcaldía pasou a Xosé Antonio Pérez Valado, do BNG, co apoio do PSdeG. En marzo de 2022 renunciou como concelleiroDimite el exalcalde y un edil del Partido Popular de Verea.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verea

Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Verea Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes