miniatura|230px|Reconstrución dun Iniopteryx sp. † do paleozoico. miniatura|230px|Chimaera monstrosa. Os holocéfalos (Holocephali, do grego ὅλος hólos, 'todo' e κεφαλή kephalé, 'cabeza', isto é, "nos que todo é cabeza") son unha subclase de peixes cartilaxinosos (Chondrichthyes).
Só unha orde, a dos quimeriformes (Chimaeriformes), con tres familias que reúnen 47 especies, chamadas quimeras ou tiburóns fantasmas, sobreviven na actualidade, pero o grupo foi moi diverso en épocas pasadas.
A morfoloxía destes animais coñécese desde o Devoniano, porén, a relación das formas fósiles coas actuais é aínda incerta.Kardong, Kenneth V. (2007): "Historia de los vertebrados" en Vertebrados. Anatomía comparada, función y evolución. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana de España, S. A. U. ISBN 978-84-481-5021-1. A maioría dos expertos sospeitan que este taxon é en realidade un grupo parafilético.Ommanney, F. D. (1970): Los Peces. Time Life. Colección de la naturaleza de Time-Life.
Características O seu estraño aspecto, no que destaca unha gran cabeza protuberante, cunha boca que se asemella á dun coello, e cunha longa cola recorda á dunha rata, valeulles o nome de quimeras, que toman do monstro da mitoloxía grega formado por partes de diversos animais. Alcanzan tamaños de até 2 m, dos cales a maior parte corresponden á súa desmesurada cola. Unha espiña velenosa situada diante da aleta dorsal permítelles inxectar veleno a calquera animal que os ataque.
A diferenza dos tiburóns e as raias, as súas catro branquias están cubertas exteriormente por unha membrana de pel, análoga ao opérculo dos peixes óseos.Holocéfalos Os adultos carecen de espiráculo circular (que estaría derivado da primeira abertura branquial), presente unicamente de forma temporal no desenvolvemento embrionario.Kardong, K. V (2007), Op. cit. Así mesmo, a mandíbula superior está fusionada co resto do cranio e presentan orificio anal e uroxenital separados.
Taxonomía Os holocéfalos contan cun importante rexistro fósil a partir do Devoniano, con numerosas ordes extintas.Mikko's Phylogeny Archive - Chondrichthyes
Subclase Holocephali Superorde Paraselachimorpha † (parafilético?) Orde Desmiodontiformes † Orde Oreodontiformes † Orde Iniopterygiformes † Orde Eugeneodontiformes † (Os Eugeneodontiformes non son considerados elasmobranquios por algúns autores. Orde Petalodontiformes † Superorde Holocephalimorpha Orde Chondrenchelyiformes † Orde Psammodontiformes † Orde Cochliodontiformes † Orde Menaspiformes † Orde Copodontiformes † Orde Chimaeriformes Bonaparte, 1831 Xénero Chimaera Linnaeus, 1758 Xénero HydrolagusGill, 1863
Unha das especies máis coñecidas é a quimera monstruosa (Chimaera monstrosa).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard J. V. e Hamlett, William C., eds. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Batoideos Condrictios Selaquimorfos
Ligazóns externas ITIS. Chimaeriformes (en inglés) Consultada o 13/104/2022. NCBI. Chimaeriformes Consultada o 15/11/2012 Galería de imaxes de quimeriformes Consultada o 15/11/2012.
Categoría:Holocéfalos