Jaime Tejada Lorenzo, nado en Lobios en 1923 e finado en Ourense o 25 de setembro de 2009, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Mestre e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi funcionario do Corpo de Xestión de Facenda e Recadador de Contribucións e Impostos do Estado en Ourense. Pertenceu á Comisión dos 9 e foi conselleiro no goberno preautonómico da Xunta de Galicia presidido por Xosé Quiroga (1979-1980). Presidente rexional de Alianza Popular de Galicia, foi deputado pola provincia de Ourense por AP na I e II lexislatura (1979-1986).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en Lobios Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes