Moisés Rodríguez Pérez, nado en Tui o 5 de marzo do 1971, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Tui dende o 2011 ata o 2015.

Traxectoria Foi elixido concelleiro en Tui do PPdeG en 1995. Foi un dos concelleiros populares que en febreiro de 1998 apoiou o tamén edil conservador Antonio Fernández Rocha nunha moción de censura contra o alcalde do seu partido Miguel Ángel Capón Rey. Volveu ser concelleiro en 1999 baixo a lista independentes de CPT encabezada por Rocha e coa que mantiveron o goberno logrado na moción de censura. En 2003 regresaron ao PPdeG e volveu a ser concelleiro, ao igual que en 2007, mantendo en ambas as ocasións o goberno.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Tui en substitución de Rocha e foi elixido alcalde por maioría absolutaEl alcalde de Tui anuncia consenso y pide a toda la corporación trabajo en conjunto. Non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, e deixou a política municipal tras 20 anos nela.El alcalde de Tui no se presentará a las municipales.

En febreiro de 2017 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia, tras concorrer nas listas do PPdeG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que tampouco saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Tui

Ligazóns externas Entrevista en infominho.com

Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1971 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia