Astronomical Netherlands Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ANS, foi un observatorio espacial neerlandés lanzado o 30 de agosto de 1974 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg da Forza Aérea. Construíuse un duplicado do satélite que nunca chegou a voar e que foi doado finalmente a un museo.

Características ANS adicouse a observar e estudar o ceo en raios X e ultravioleta desde unha órbita heliosincrónica de 266 km x 1176 km e unha inclinación orbital de 98°. O rango de enerxías dos raios X observados era de entre 2 e 15 keV e no ultravioleta observou no rango de lonxitudes de onda de entre 1500 a 18.000 Ángstroms.

A actitude do satélite controlábase mediante bobinas magnéticas que interactuaban co campo magnético terrestre e mediante volantes de inercia, e a determinación da posición levábase a cabo mediante sensores solares, de horizonte e estelares, así como cun magnetómetro.

ANS reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xuño de 1974.

Notas

Categoría:Satélites artificiais dos Países Baixos