Ciudad de M é unha película dramática peruana do ano 2000 dirixida por Felipe Degregori e protagonizada por Santiago Magill, Christian Meier, Vanessa Robbiano e Gianella Neyra

A película é unha adaptación da novela Al final de la calle escrita por Oscar Malca, obra que aborda a temática da delincuencia xuvenil dentro da miseria urbana.

Argumento M (Santiago Magill) é un home que busca emprego en Lima, mais os únicos documentos cos que conta son a súa partida de nacemento, o seu certificado de estudos secundarios e o seu certificado de boa conduta. Súa namorada Sandra (Gianella Neyra) pensa que todo sería diferente se el encontrara traballo. A súa amiga Silvana (Vanessa Robbiano) quere axudalo na busca de emprego, e preséntanlle un tío seu. Aos seus amigos Caníbal (Pierre Linares) e o Gordo (Francisco Salas) ocorréuselles pór un negocio de gardenias e queren que M forme parte de dita empresa. Os seus outros amigos Pacho (Christian Meier) e El Coyote (Jorge Madueño) queren irse do país a costa dun negocio lucrativo, pasando cocaína aos Estados Unidos, e queren que M forme parte desta aventura.

A película amosa as diferentes opcións que se lle presentan a un peruano en xeral para saír adiante: a axencia de emprego, os contactos, o negocio propio e a opción de emigrar. Algúns pensan que é mellor irse, outros que o negocio propio para que medre o país, pero ao fin e ao cabo, o importante é facer algo e non ficar sentado esperando a que pase algo na túa vida.

Elenco Santiago Magil como M Christian Meier como Pacho Pelo Madueño como Coyote Vanessa Robbiano como Silvana Gianella Neyra como Sandra Melania Urbina como Karina Francisco Salas como Gordo

Banda sonora La Liga del Sueño - Mala sangre Dolores Delirio - A cualquier lugar G3 - Mayoria equivocada Indigo - Voces lejanas Madre Matilda - Manos blancas Rafo Raez - Tronador Histeria Colectiva - Retorcido corazón El Ghetto - Apagón general Metadona - Las calles de mi ciudad Gireh - Marcada una mujer Psicosis - Cuidado La Sarita - Mas poder Radio Criminal - No creo en tu ley Electro Z - Gritame Dale Vuelta - Interior Armagedon - Dejame soñar Futuro Incierto - Entre las piedras Ruido Negro - A ciegas por un camino Carnaval Maléfico - Vivo buscando Tres Al Hilo - Ya estamos aquí Manganzoides - Tren fantasma

Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes de 2000