O ligamento lateral interno do cóbado ou ulnar colateral é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. Ten forma triangular, diferenciándose dúas porcións: Unha anterior, oblicua, co vértice inserido no epicóndilo medial umeral e base inserida na apófise coronoide do cúbito. Unha posterior, tamén triangular. O vértice se insire tamén no epicóndilo medial do úmero mentres que a base se insire no bordo medial do olécrano. Entre o olécrano e a apófise coronoide existen febras transversais.

O ligamento está preto do tríceps braquial, do nervio cubital e do músculo flexor ulnar do carpo. Do ligamento anular parten febras de inserción do músculo flexor común superficial dos dedos da man. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Ligamentos do membro superior